11/2/09

Veu visitarme o mar

Autora: Rosa Aneiros

1 comentario:

  1. Monse Soliño Martínez

    É un libro que custa comezar a lelo pero que pouco a pouco colléselle o fío. Ademais unha das cousas que máis me gustou foi que é unha maneira de revivir os casos das mareas negras para a xente que non estivo en primeira liña axudando a limpa-las praias, acudindo ás manifestacións...

    O libro é un pouco deprimente posto que a protagonista atópase nunha situación difícil, pois é raro acostumarse á soidade despois de 10 anos de relación. Ademais que as amigas están nunha situación algo parecida e,ás veces, aseméllanse a un club de animación mutua.

    O que me sorprendeu foi a relación das dúas irmás xa que despois de que Ana marchara da casa dando poucas explicacións, ao atoparse e coma se non pasase nada. Ademais que teñen puntos de vista totalmente contraditorios e resulta raro ver as distintas posturas.

    En resumo, o libro está ben e é interesante pero debe lerse nuns días optimistas e non cando un estea triste

    ResponderEliminar