2/2/09

Rúa carbón

Autora: Marilar Aleixandre

4 comentarios:

  1. Este libro pareceume moi interesante. É un libro curto, fácil de ler e que fala dun tema que repercute moito en España. Ademais non é un libro que aburra cando o les senón que te engancha a lelo e, a medida que o les, dáste conta de que a historia de Paula , a rapaza protagonista do libro, e a historia da súa nai Maite coinciden. O que menos me gustou do libro foi que ao final quedas sen saber se Martín e Paula volverán verse ou non ou que pasará, pero aínda así é un bo final.

    Pedro Moreira Senra

    ResponderEliminar
  2. Iago Carneiro Hermida

    Eu recomendo esta novela xa que o tema principal é un tema que está de actualidade: a banda terrorista ETA. Ademais mestura tamén temas amorosos e consegue engancharte ata o final.
    En resumidas contas a novela gustoume moito xa que é moi interesante e as situación que viven os personaxes pódenlle pasar a calquera persoa e sabes como poder reaccionar.

    ResponderEliminar
  3. Antía Fernández Villar

    O libro paréceme moi bonito para ler e recomendaríao porque é moi sinxelo. A historia é entretida e engaiolante, a protagonista nárrao en primeira persoa e iso fai que te adentres máis na historia porque é coma se sentises a súa intriga, as súas emocións e as paixóns tal e como as describe ela.
    Do libro chamoume a atención a actitude da súa avoa Edurne ao final cando se enfada con Paula polo que fixo na homenaxe ao seu pai, quizais foi pouco comprensiva e intolerante. Pola contra a avoa Nekane apoiouna en todo e non lle sacou o tema por non facela sentirse incómoda.
    Outro aspecto que me chamou a atención foi que a nai non llo explicara á cara e preferise que Paula lese o diario se se lle antollaba, aquel diario no que ía contando as aventuras, por dicilo dalgún xeito, que ela e Iñaki viviran cando estaban na E.T.A. Paula non lle contou nada á súa mellor amiga Iria e sorprendeume.
    Da relación con Martín non me gustou que el lle ocultase que estaba enredado nas manifestacións e nos actos de vandalismo ocorridos durante aquela semana. Viviu a historia da súa nai pero sen un final concreto.
    Para o meu gusto o libro está incompleto no final porque remata moi de socato e fáltalle algo, unha segunda parte ou a volta á casa, xa que cando ela se foi ía moi desgustada coa nai.

    ResponderEliminar
  4. 1º Voluntario Marta Blanco Rodríguez

    O libro xa de primeiras pareceume entretido. O feito de que Paula non saiba a historia do seu pai deixoume ao principio intrigada xa que me pareceu un pouco incrible que non soubese nada con case dezasete anos.
    O de que ela crese que o seu pai morrera nun accidente e non que fora porque puxera unha bomba nun coche como atentado terrorista foi o que máis me chamou a atención.
    O fío da historia engancha porque é un tema que nos afecta a todos na actualidade.
    Un personaxe que me gustou foi o da avoa Nekane e sobre todo a súa actitude porque a apoiou en todo momento cando comezou a enfrontarse a todo o asunto de saber quen fora o seu pai.
    A historia de amor encantoume, aínda que Martín lle ocultase a verdade, pero en si a historia é bonita ademais de que coincide coa da súa nai.
    O detalle de que, como Martín vivía no mesmo edificio cá avoa de Paula, se mandasen mensaxes nunha botella pola fiestra pareceume moi gracioso.
    Recomendo este libro porque é entretido, trata un tema interesante como é o de E.T.A e, aínda que ao final me deixou intrigada, pareceume moi interesante.

    ResponderEliminar