2/2/09

O club da calceta

Autora: María Reimóndez

4 comentarios:

  1. Paula Fernández Acevedo

    O club da calceta é un libro que poderíase dicir feminista. Gustoume moito pero para min nalgúns momentos foi demasiado feminismo e maltrato, eu penso que na sociedade hai de todo. Non sempre se maltrata a xente e menos desa forma como relata o libro. Tamén é certo que as protagonistas tiñan unha vida moi peculiar e por iso se puñan nesa postura.
    Gustoume a maneira na que esta estruturado, por cada persoa un capítulo contando a súa historia, no primeiro era sobre a muller Matilde, contaba como foi o trato na súa sociedade xa que ela era moi grande, e a relación que tiña co seu marido que unha vez casados empezou a ser mala. O segundo trataba sobre Anxos, unha muller moi intelectual que tivo un matrimonio pogre que fracasou porque nunca se dixeron nada que non fose matrimonialmente correcto. O terceiro foi sobre Beatriz, unha rapaza guapa, loira, que era moi lista traballaba de secretaria. O cuarto trataba sobre Elvira que é unha señora maior que pasaba moito tempo na igrexa. Foi a monitora e viviu no tempo do franquismo. O quinto sobre Luz, unha muller que foi prostituta e que deixou de selo. O sexto capítulo é sobre Fernanda, que é unha muller á que lle falta unha perna e o seu marido apóiaa.
    A personaxe que máis me gustou foi Luz xa que a súa historia relátase con moito detalle. En xeral penso que é un libro moi realista e que, ás veces, pasan cousas así na vida.

    ResponderEliminar
  2. Ledicia Domínguez Martínez.

    Este libro gustoume moito porque ten como tema central a verdadeira amizade entre unhas mulleres que están vivindo a súa vida pero sen ser verdadeiramente felices e a través dun cursiño de calceta da parroquia xuntanse e entre elas conseguen ser felices e conseguir os seus soños. Sorprendeume moito a naturalidade coa que a autora conta as historia de cada muller e resultoume moi entretido,así que non esperedes máis e...:¡a lelo!

    ResponderEliminar
  3. 1º libro voluntario: Mónica Portela Táboas.

    Considero O club da calceta un libro moi interesante que amosa a loita dun grupo de mulleres por mellorar as súas condicións, por isto recomendo este libro.
    Na miña opinión o episodio máis interesante dentro do conxunto de historias foi o relatado por Fernanda, unha muller que carece dunha das súas pernas e que a pesar de que o destino xoga na súa contra, consegue casar e formar unha familia, fronte ó asombro dos seus veciños, chegando incluso a conseguir o posto de traballo sempre desexado por ela, ser conductora de autobús,o que reflicte que con ganas e o apoio dos seres queridos nos existen límites.
    Tamén é moi entretida a historia de Luz, unha rapaza que dende pequena non tivo posibilidade de elixir o seu futuro, estando obrigada pola súa nai a se prostituír pero que, coa axuda do grupo que forman o club da calceta, consegue saír dese mundo.
    O resto das historias tamén son interesantes, así o libro amosa a evolución dunha muller adicada a limpar e o seu home que acaba converténdose en propietaria dunha tenda ou de como unha rapaza, farta de ter que soportar o acoso dos seus xefes, decide pór un negocio pola súa conta, sempre contando co apoio das amigas.
    Por todo isto, considero O club da calceta un libro moi recomendable para todo aquel que busque entreterse un anaco.

    ResponderEliminar
  4. Jesús Pilarte Vilar 2º Bach

    É un libo moi entretido e interesante,que reflicte moi ben a loita dun grupo de mulleres mola mellora das súas condicións.É un libro moi entretido,reflicte tamén moi ben a amizade que hai entre elas,cada muller vive a súa vida fora do club,pero non son felices de todo.A través dun curso de calceta reúnense entre elas no club que pertence á parroquia e conseguen ser felices e conseguir algúns soños propostos que tiñan en mente.Eu animo a ler este tipo de libros, son de moito interese para todo o mundo que queira ver a soltura coa que a autora nos conta cada unha desas vidas de cada muller,fai aínda que sexa máis interesante e que cada páxina que leas queiras seguir e non parar.
    A personaxe que máis me gustou foi a de Luz.

    ResponderEliminar