2/2/09

A cabeza de Medusa

Autora: Marilar Aleixandre

7 comentarios:

  1. Anónimo2/2/09 09:10

    Gustoume o libro porque trata un tema moi actual e de grande importancia na nosa sociedade. O problema que xera a sociedade a unha muller violada non e xusto porque ela non ten elección e é forzada. O q deberia sentir vergoña e o violador e non o reves, por iso este libro gustoume; porque nos abre os ollos sobre a nosa sociedade.
    Recomendo este libro porue e moi entretido e moi facil de leer.
    Daniel Gallego Blach

    ResponderEliminar
  2. Para ver comentarios sobre este libro hai que ir ao blogue do Club de Lecturas Lerias

    ResponderEliminar
  3. Montserrat Misa Durán
    O libro desconcertoume bastante, xa que me custou bastante lelo porque está escrito en galego lusista e non desvela como remata a trama. Tamén penso que dentro do tema que se trata, está moi ben buscada a información pero creo que o personaxe de Elvira (nai de Sofía) non é moi realista respecto a como se sentiría una nai se violasen a súa filla. Así mesmo tampouco me parece acertada a actitude dos pais de Lupe que non apoian a súa filla na continuidade da denuncia, así poñen en dúbida o realismo da violación e non frean as opinións da sociedade que non sabe a quen crer, se ós rapaces que din que foi unha relación consentida ou ás rapazas. Tampouco desvela como rematan as historias de amor que xorden no libro nin responde ó misterio de quen escribiu as pintadas, se realmente foi Mauricio ou outro estudante do colexio. Esperaba que rematase doutra forma, de xeito máis conciso

    ResponderEliminar
  4. Iago Carneiro Hermida

    Eu recomendo a lectura deste libro xa que dende a primeira páxina te engancha.
    Desta novela chamoume a atención a situación das dúas protagonistas, Lupe e Sofía. A estas mozas uns rapaces viólanas e durante toda a novela a autora cóntanos o arrepentidas que están de denunciar o delito xa que por ese motivo todo o instituto se decatou do ocorrido e algúns mozos cren que a culpa é das rapazas por ir en minisaia. Estes rapaces insultan as mozas e trátanas con desprezo. Tamén me chamou a atención o final aberto que ten a novela xa que a autora non nos conta se ao final Sofía, xa que Lupe retirou a denuncia porque seus pais non a apoiaban e non puido coa presión, consegue gañar o xuízo ou se os autores da violación non teñen castigo. En conclusión, a novela está moi ben porque trata un tema frecuente e dáste conta do mal que o pasan as mozas e do pouco apoio que reciben ás veces.

    ResponderEliminar
  5. Ana González

    Esta lectura foi moi amena. Gustoume moito xa que o libro está ambientado na nosa idade e é moi próximo a nós. A historia que trata pode concienciar a calquera xa que unha violación non é broma ningunha. Por desgraza, a sociedade na que vivimos sinala, como nos conta no libro, as vítimas e non os verdugos. É unha historia moi triste e á vez bonita porque as protagonistas, Sofía e Lupe, teñen medo a enfrontarse ao seu problema ao que finalmente se enfrontan as dúas.
    Este libro recomendaríao porque nos presenta a vida normal de dúas rapazas de 18 anos que un día se lles trunca. Sofía ten o apoio da súa familia, pola contra a súa amiga non. Lupe un día decidiu retirar a denuncia contra o seu violador, Pedro. Sofía non compartía a mesma idea, pero díxolle que o entendía que ela tamén sabía pola presión que estaban a pasar.
    Sofía namórase de Rubén, un rapaz da súa clase co que na festa de entroido estivo bailando. O rapaz sentiuse culpable da agresión xa que el lle dixera a Sofía que esperaba con ela a que conseguisen un taxi. Sofía quitoulle esa idea, que os únicos culpables eran os agresores.
    Lupe namorouse do xinecólogo que as tratou o día da violación.

    ResponderEliminar
  6. Aida Valverde Cabaleiro

    Cabeza de Medusa é un libro que recomendo a calquera xa que é moi fácil de ler, ademais de ser entretido, e trata un tema presente na actualidade, como é a violación e , sobre todo, o tema central do libro, o machismo.
    Do libro non cambiaría ningún personaxe, porque me parecene todos importantes e ben complementados na historia, cada un co seu cometido no tema. E canto ao momento da lectura que menos me gustou foi cando o narrador explica con todo detalle a violación das dúas rapazas de dezaoito anos na noite de entroido. Tamén é moi violenta a forma na que empeza o libro na primeira páxina, dicindo directamente que Sofía e Lupe ían ser violadas sen sabelo.
    Hai moitos momentos agradables durante a lectura, pero diría que o final é o mellor; cando o narrador conta a tarde que pasa Sofía xunto con Rubén, xunto coa historia final anónima que circula por todo o instituto sobre o mito de Perseo e a Cabeza de Medusa.
    Algo que non me gustou do libro foi un par de cousas que deixa un pouco no aire, sen aclarar: o tema da sentencia dos dous violadores e o relacionado coas pintadas que apareceran no instituto.
    Pareceume interesante a forma de empezar os capítulos, con fragmentos da Biblia e de diferentes mitos sobre violacións a mulleres; do que sae o mito da Cabeza de Medusa, de aí o nome do libro.

    ResponderEliminar
  7. Ledicia DomínguezMartínez

    Este libro a verdade é que me gustou bastante e sorprendeume moito a historia que conta porque polo título non pensaba que fose ser así.Gustoume como a autora deste libro tratou de espor o tema da violación tal e como é,sen apaños(andrómenas) aínda que foi un pouco dura a parte na que conta como os dous rapaces levan a Sofía e a Lupe(as protagonistas) ó medio do monto e as violan.Tamén teño que dicir que me gustou como expuxo nos compañeiros do instituto das nenas as diferentes opinións que hai na sociedade cando pasa unha violación ou un maltrato de xénero no mundo e tamén as posturas dos pais,os de Sofía apoiárona e animárona a denunciar mentres que os de Lupe non estaban de acordo en facelo, aínda que non llo impediron.Así e todo hai certas cousas que non me gustaron do libro como foi o final que o deixaron sen saber que pasa coas rapazas,coas historias de amor que xurdiron entre os seus compañeiros e sobre todo quen foi o culpable das pintadas.
    Dando a miña opinión persoal sobre o tema tratado na obra, ánimo a todas as vítimas a que denuncien tanto sexan mulleres coma homes porque penso que ninguén ten o dereito de facer dano ou quitarlle a liberdade a outra persoa porque a considere menos ca el/ela.

    ResponderEliminar