11/2/09

Asústate, Merche!

Autora: Fina Casalderrey

2 comentarios:

  1. Patricia F. Almansa

    O comezo do libro é bo por que te deixa coa intriga de por que Auria (a protagonista) quere suicidarse e con iso xa che adianta a historia. Da viaxe por Europa o máis interesante é cando conta como se namora por primeira vez de Paio e as conversas que tiña coas súas amigas sobre o aborto ou o sexo. O final do libro é interesante porque non esperas que dunha historia de amor tan perfecta, por unha casualidade Paio puidera ser o seu irmán, o que ao final resultou incerto e todo acabou ben.
    Os momentos do libro que máis me gustaron foron as lecturas do diario, como fixo de Merche unha personaxe real cando na realidade só existía na súa imaxinación, como contaba Auria a súa historia e os seus sentimentos.
    Tamén me pareceu un pouco esaxerado o rexeitamento que lle tiña Auria os homes por que a súa nai fose solteira.
    Non me pareceu un mal libro pero sería mellor que a historia non fose tan parada.

    ResponderEliminar
  2. Antía Fernández Villar

    Recomendaría o libro porque é unha historia de amor moi bonita cun trasfondo polémico referente á morte, á amizade... Ademais disto, o libro é intrigante e mantente en suspense ata o final.
    É moi sinxelo de ler e ten un léxico sinxelo e coloquial.
    Non, paréceme que a autora compuxo moi ben a trama e cambiando unha soa pesonaxe para min xa perdería sentido porque son tan reais que poden semellarse a un compañeiro ou compañeira túa, ou algún familiar, polo que eu persoalmente non cambiaría nada.
    O momento menos agradable quizais foi cando Auria abriu o paso do gas para suicidarse porque Paio era seu irmán e non podía estar con el, aínda que estivese namorada. O máis bonito foi cando Paio lle conta que o seu pai era adoptivo, polo que xa non eran irmáns e Auria podería estar con el sen ter que preocuparse por seren irmáns.

    ResponderEliminar