2/2/09

Resistencia

Autora: Rosa Aneiros

6 comentarios:

  1. Considero que Resistencia é un libro moi interesante xa que amosa a loita persoal dos nosos protagonistas contra a distancia e o paso do tempo, que sempre se lles amosa adverso.
    Así mesmo o protagonista da historia,Dinís, ten que facer fronte ás inxustizas na guerra, e á soidade no cárcere, ó mesmo tempo que demostra a súa valentía ó enfrentarse ó réxime de Salazar e que como consecuencia quedará sen os mellores anos da súa vida.
    Considero que a parte máis interesante do relato é aquela na que o pai de Filipa se decata do que durante tanto tempo lle estiveron ocultando os dous rapaces e a acertada decisión de axudar á súa filla a pesares de que ésta defendía ideas contrarias ás do seu pai.
    Tamén considero fundamental o papel da avoa de Filipa que durante toda a historia vai ser un factor fundamental para que o amor entre os rapaces continúe.
    En canto ó resto da historia,o final encantoume posto que, a pesar de todo, finalmente tras moitos anos, os dous namorados volven reunirse.

    Mónica Portela Táboas

    ResponderEliminar
  2. O libro Resistencia de Rosa Aneiros pareceume un dos libros máis interesantes que lin ultimamente.
    Ao principio, nas primeiras páxinas pensei que non me ía gustar moito xa que tiña partes nas que falaba de política pero, segundo comecei a ler en serio deime conta de que o libro era interesante e do que máis falaba era de amor.
    A historia entre Antonio en Isaura encantoume dende o principio, cando na tronada ela comeza a falar con el despois de telo rexeitado. Pero sobre todo gústame a historia entre Dinis e Filipa xa que a historia por separado de cada un deles fascinoume pero cando se xuntan e comeza a súa historia de amor xa o libro me encantou.
    Outra cousa que me gustou moito foi a relación entre Leonor e a súa neta, Filipa. Leonor non quería querela demasiado por medo a perdela e sufrir como cando perdera a súa filla, pero ao final ese amor mutuo que senten pareceume fermosísimo.
    Unha cousa que non me gustou foi cando Dinis ten que ir á guerra, xa que alí vive unhas moi malas experiencias, xa que perde o seu novo amigo Miguel, que era o único dos seus compañeiros que oe entendía e tamén ten que deixar atrás a Aaial, que me pareceu unha nena estupenda.
    Por suposto, tampoco me gusta cando a Dinis o meten no cárcere xa que perde gran parte da súa vida alí, pero cando pensa en fugarse e os deixan saír, púxenme contenta xa que pensei nun posible reencontro con Filipa e o seu pobo. E cando cheguei ao final do libro xa foi o mellor xa que acaba tal e como eu esperaba e persoalmente encantoume ese final.
    En resume, o libro recoméndoo xa que e entretido, romántico e as historias de amor son case perfectas.


    Marta Blanco Rodríguez

    ResponderEliminar
  3. Esteban Costas Álvarez

    Na miña opinión, o libro de Resistencia resultoume bastante entretido debido a que expresa a liberdade que sente a xente nova ante a ditadura.
    Unha das partes que máis me gustaron do libro foi no momento en que Dinis vai á guerra a Mozambique, e alí ve a o abuso de poder dos países europeos sobre as colonias,e pensa que está perdendo o tempo nunha guerra inútil podendo estar coa súa amada Isaura.
    Este libro ademais narra as inxustizas que se producen nas ditaduras por exemplo, Antoninho, que é o gran inimigo de Dinis, era un violador na guerra do Mozambique e, aínda así, foi un heroe e converteuse no capataz da fábrica.
    Penso que a autora expresa moi ben o amor profundo que teñen Isaura e mais Dinís, a incerteza que os dous sofren cando Dinís vai para o cárcere por mor do levantamento revolucionario na fábrica,e o alivio de Isaura cando descobre que Dinis está vivo.
    En definitiva, este libro está bastante ben, aínda que non foi dos que máis me gustaron

    ResponderEliminar
  4. Gustoume todo, dende como está escrita, o lugar onde se narra, como son os personaxes e sobre todo a historia de amor que é o principal da novela. Algúns anacos da historia fixéronseme máis pesados, por exemplo cando Dinís se atopa na prisión de Peniche ou cando el está na guerra en África, xa que non me chaman a atención os asuntos políticos e foron bastantes na novela. Aínda así, é unha historia tan real e bonita que foi un libro dos que máis me gustou xunto con "O sol do verán" e recomendaría este libro a calquera persoa que lle gusten as historias de amor. Paréceme un libro para repetir.

    Denisse Estévez

    ResponderEliminar
  5. Paula Fernández Acevedo.

    O libro Resistencia relata unha historia de amor entre os protagonistas Dinís e Filipa, durante o período de ditadura de Salazar en Portugal.
    Esta historia de amor ten que facer fronte á adversidade do destino, xa que o pai da protagonista non a permite.
    A avoa Leonor será cómplice desa relación e teme polos dous rapaces xa que ela viviu unha historia parecida co seu home.
    A parella é separada pola guerra en África , que obriga a partir a Dinís e posteriormente ó cárcere.O único medio de relación da parella son as cartas, un día estas deixáronse de recibir. Segundo unha mala información, Dinís morrera e Filipa non quería saber nada de Portugal, nun momento dado ten que voltar a Portugal e visita o museo de Peniche, anterior cárcere de Dínis, e alí descobre toda a verdade. O final da historia gustoume moito xa que tras moitos anos de separación prodúcese o reencontro dos protagonistas, a pesar de que non se cita explicitamente no libro.
    O libro relata outras moitas historias de personaxes secundarios tamén moi entretidos.
    Por todo isto recomendo a lectura deste libro a todos aqueles que lles guste o romanticismo que triúnfa ante o destino adverso.

    ResponderEliminar
  6. Resistencia é un libro escrito dende a paixón e desborda cantidades enormes de sentimentos.
    Comeza describindo a s relacións dunha serie de parellas xeración por xeración ata chegar a Dinís e Filipa. Estes rapaces portugueses que viven a ditadura de Salazar namóranse perdidamente, pero Dinís ten que marchar a Mozambique para loitar polo país. Alí vive experiencias que marcarán a súa alma con lume e terá que soportar a distancia da súa amada. No retorno vólvense a atopar e dan renda solta ao seu amor, nun ambiente no que os movementos obreiros comezan a ter protagonismo e no que unha revolución contra Salazar se prepara. Dinís é encarcerado por participar nestes movementos, e mentres cumpre cadea, Filipa marcha a Brasil. O rapaz consegue fuxir do cárcere, pero unha vez fóra, a Revolución dos Caraveis cóbrase a súa vida e a de moitos outros que loitaron pola liberdade.
    O amor e a loita pola liberdade son os temas principais do libro. A revolución dos Caraveis sempre me interesou e foi por iso polo que elixín ler este libro. Unha das cousas máis impactantes do libro é que está baseado en feitos reais, é dicir, os personaxes existiron de verdade e a historia é semellante a que viviron eles. Sen embargo, esta historia fermosa está tinguida de dor. Moita xente tivo que morrer por defender os seus dereitos, e iso provoca unha pena moi fonda, pero grazas a eles agora conseguiron a súa liberdade.
    O personaxe que máis me agradou foi dona Leonor, xa que esta muller permitiu que Dinís e Filipa estiveran en contacto, pois encargouse de facer de escríbana e de mandar as cartas de amor aos namorados.
    Este libro o recomendo para aqueles aos que lle interesa a Historia, sobre todo o tema das revolucións e o fascismo, xa que aporta coñecementos moi interesantes do tema, e para aquelas persoas as que lles gusta o romanticismo e as historias de amor que rematan cun final triste.

    Eva Vernet Leyenda 2º Bach B

    ResponderEliminar