11/2/09

Retrincos

Autor: Castelao

1 comentario:

  1. David Fontán Rodríguez

    Retrincos é un libro de varios sucesos que lle ocorren ao autor, moi interesantes e moi misteriosos.
    Ten partes nas que verdadeiramente os sucesos son moi misteriosos, como por exemplo a morte do home que chega á taberna e esvaécese diante do mostrador, onde todos, alarmados collen o corpo e comproban se está morto. Despois diso, póusano enriba da mesa do billar quedando toda a noite alí.
    Tamén hai relatos tráxicos como a desesperación dun pai que lle pide ao autor que lle faga un retrato do seu fillo que está a punto de morrer, este acepta e debúxao nun ambiente tráxico tal e como o ve, o pai rógalle que o debuxe alegre como o era entes de enfermar polo que o autor inventa un neno distinto, un neno imaxinario, alegre e feliz. Trala morte do neno o pai ensina a foto a toda a xente dicíndolle que ese rapaz tan fermoso era o seu mellor fillo.
    Eu penso que é un libro para ler moi bo xa que é diferente, é un libro máxico e misterioso apto para todo o mundo e moi fácil de ler.

    ResponderEliminar