11/2/09

Cartas de inverno

Autor: Agustín Fernández Paz

1 comentario:

  1. Esteban Costas

    Eu recomendaría este libro a aquelas persoas ás que lles guste a literatura de intriga, xa que cando o remates quedarás coa intriga de saber que é a criatura que ataca a Adrián , ademais tamén ten características da literatura fantástica.
    O único que lle cambiaría é que o estendería un pouco máis xa que se fai bastante curto,ademais gustaríame que explicasen un pouco que é o ser que ataca aos protagonistas. A trama do libro non está moi ben explicada e ao final quedas coas ganas de saber todo.
    A parte do libro que me resultou máis entretida foi o momento en que o protagonista é atacado polo ser misterioso e tamén no momento en que a irmá do protagonista consegue acabar coa maldición que había na casa.A parte que me resultou menos entretida foi cando Adrián compra a casa e explica todo o traballo que pasa para arranxala.

    ResponderEliminar