2/2/09

Náufragos en terra

Autor: Martínez Oca

3 comentarios:

  1. O libro estivo moi ben é moi interesante e fácil de ler.
    As historias que narra son moi entretidas e algunhas invitan a pensar e a facer reflexións sobre o tema do amor nas súas distintas situacións.
    Todos os seus relatos teñen as historias moi ben pensadas e redactadas cunha linguaxe fácil e, aínda que ás veces malsoante, moi coloquial de xeito que calquera o poida entender.
    Eu recoméndolle o libro a calquera que lle gusten este tipo de narracións porque non o vai defraudar.
    Abel Lorenzo 2º BachA

    ResponderEliminar
  2. Iria Cortés Fernández

    Eu recomendaría ler o libro á xente que lle gusten as historias de amor, porque se trata duns relatos de distintas maneiras de ver o amor por persoas moi diferentes entre si e as situacións que lle acontecen son inimaxinables nalgúns casos. Ademais é moi sinxelo de ler porque te sitúan moi ben no lugar, aínda que nalgún relato coma o penúltimo perdinme un pouco. Gustoume moito o primeiro que conta a historia dun home namorado da dona dun pazo, e que sente aínda que non está con el. O de Cari pareceume moi entretido, aínda que ao final sorprendeume moito porque sabía que o home non era moi "normal", pero non imaxinaba que podería facer iso só por vela de novo. Gustoume moito a forma de expresar do autor, incluso nos que a linguaxe era malsoante porque o relato requiría que fose así. En xeral, foi un libro moi entretido, a min recomendáranmo e eu fago o mesmo a calquera que teña pensado ler

    ResponderEliminar
  3. Miguel Álvarez Pousa

    O libro "Náufragos en terra" recoméndollo a todo o mundo que lle gusten as historias de amor. Xa que trata diso, de historias de amor de diferentes personaxes e dende un punto de vista diferente. O libro ten 6 relatos diferentes pero similares xa que se trata o mesmo tema. Entre os relatos máis destacados están:

    Un relato que fai alusión a facer calquera cousa por amor con tal de ver a esa persoa( o relato de Cari), e cando digo todo é todo ata matar a alguén.

    Outro relato fala do amor que pode sentir unha persoa por outra pero que pode ser amor de nai a neno, no que o protagonista compórtase como un neno para que Chelo non se vaia de casa.

    E outro relato que trata dun home que parece solitario pero que conta unha historia aínda sen resolver, xa que o home traballaba para unha "señora" e un "señor" e este estaba namorado da señora; a señora morre e aínda non se encontrou o cadáver.

    Pero o relato que máis graza me fixo foi o do rapaz que quedou na casa cunha rapaza, e ao final, a rapaza marcha pola mañá roubándolle todo o que ten e deixándolle só o gato, que era o que ela "quería".

    En conclusión, o libro eu creo para a xente o lea enteiro vaille gustar, xa que ao principio faise un pouco aburrido pero logo comeza a engancharte xa que queres saber como vai a acabar a historia

    ResponderEliminar