18/2/09

Land Rover

Autor: Suso de Toro

2 comentarios:

  1. Óscar González Fernández. 2º B (Libro obrigatorio)

    Land Rover é un libro que trata a historia de dous irmáns, que teñen en común só a Nai. Os protagonistas son Gumersindo e Abelardo, dous irmáns completamente diferentes. A historia comeza nun bar cando un home sae do mesmo y cando vai mexar atópase un cadaver, o de Sindo. Que fora asasinado polo seu irmán cunha chave inglesa cando pretendía agredilo cunha navalla. Posteriormente, Abelardo suicídase aforcado na casa da súa nai, ao igual que se suicidara aforcada tamén a súa nai tempo atrás na mesma casa.

    Unha das cousas que me chamou moito a atención, é a facilidade de Sindo para manipular a súa muller. Xa que el era adicto ao xogo e gastaba todo os cartos niso, por ese motivo o seu fillo morrera xa que a muller non tiña diñeiro para manter a dous pequenos. Ademais obrigouna a prostituírse porque non encontraba un traballo e aínda por riba o diñeiro iva todo para o Sindo. Pero a pesar de que ela o abandonou, o final doeuse pola súa morte porque dicía que no fondo era o seu marido.

    Tamén houbo un capítulo que me desconcertou, xa que os pais de Sindo e Abelardo chamábanse como os fillo. E neste capítulo Suso de Toro relata como Gumersindo pai mata a Abelardo pai aforcándoo e fai que o lector pense que son Sindo e Abelardo fillos. Disto daste conta cando conta a parte na que Abelardo mata a Sindo coa chave inglesa á porta do bar.

    As veces hai fragmentos que comenzan co título de "As cousas da vida", que son declaracións dunha das persoaxes, que eu creo que é o Rata, aínda que non me quedou demasiado claro.

    E para rematar esta a parte en que as mulleres dos protagonistas despois da morte de ambos, están falando de como era a súa vida cos respectivos cónxuxes. A muller de Sindo conta como lle facia a vida imposible, mentres el lle puña os cornos e gastaba os cartos en alcohol e no xogo. Por outra parte a muller de Abelardo non deu crédito ao suicidio do seu home xa que era un home tranquilo e dentro do que cabe un bo marido, unha persoa moi corda.

    Eu creo que é moi bo libro, é rapido de ler pero como conta os feitos sen unha orde cronolóxica ata o final non te das conta de todo, sen embargo é un libro que engancha.

    ResponderEliminar
  2. Mónica Portela Táboas

    Recomendo este libro porque a trama que encerra é moi interesante. Narra a historia de dous personaxes marcados pola infancia vivida, así, ambos son fillos da mesma nai pero o trato por parte desta é contraposto para cada fillo, Abelardo recibiu un total rexeitamento por parte da nai, mentres que Sindo recibiu todo o amor que esta lle puido dar. Cando xa son adultos obsérvase que Sindo e Abelardo teñen maneiras de ser opostas, Sindo é vago, ten un comportamento desprezable, mentres que Abelardo é respectuoso e unha boa persoa en xeral. Finalmente este mudará a súa forma de ser para vingarse da súa nai xa morta atacándoa onde máis lle pode doer, o seu fillo Sindo.
    Cambiaría o final da novela, posto que Abelardo, a pesar de ser quen de converterse nun home de proveito, finalmente pódelle a vinganza e comete o erro de matar o seu irmán, e acaba coa súa propia vida.
    O momento máis entretido na lectura é cando xa sabes o que vai pasar cos protagonistas e vese a evolución de como se deu esa situación,como se chegou ao nefasto final.
    O momento máis monótono son as sucesivas viaxes dos dous protagonistas por diversos bares sen que se producise ningún feito destacable, tan só algunhas discusións e conversas.
    A pesar disto, o relato en xeral é entretido e sinxelo de ler, así que animo a todo mundo a que o lea.

    ResponderEliminar