11/2/09

Tres historias para ler á noite

Autor: Paco Martín

3 comentarios:

  1. Verónica Aballe Vilar "historias para ler pola noite"
    O libro gustoume moito xa que son diferentes historias cunha trama diferente cada unha pero que tódalas historias son relatos de medo ou intriga.
    È un libro curto e moi fácil de ler, aínda que ten algún vocabulario un tanto raro e palabras dun léxico determinado.
    Un libro moi entretido no que non te esperas o final do capítulo,aínda que no desenvolvemento da historia líase un pouco e tes que estar moi atento para non perderte do tema.
    O tema dos relatos é diferente pero ao mesmo tempo todos teñen un fondo común.
    Gustoume moito e recomendaría lelo á xente que lle gustan as historias con intriga e a quen lle guste un pouco o "sobrenatural".

    ResponderEliminar
  2. Ledicia Domínguez Martínez

    Este libro recoméndoo a toda a xente para que o lea porque a verdade e que é moi entretido e ten moitas vantaxes,porque é moi fácil de ler e moi curtiño.
    O libro esta formado por catro relatos que lle conta un pai a un fillo. Os relatos que máis me gustaron foron: ``O fornadas´´, que trata dun grupo de amigos que deciden darlle unha malleira a unha vella que era moi mala e un deles, sen querelo, matouna e o espírito da vella íalle comendo o corpo por dentro o mozo ata que o matou para que pagase polo seu feito e o outro relato é ´´O cumpremortes´´, que trata dun home ao que lle mandan unhas carta para avisarlle da súa morte e el intenta facer todo o posible para cambiar a súa vida e non morrer. Estes dou relatos resultáronme moi entretidos posto que as historias eran moi intrigantes e á hora de lelo non podía deixalo sen chegar ao final, por iso creo que é un bo libro para ler.

    ResponderEliminar
  3. Paula Fernández Acevedo

    Este libro gustoume, foime moi fácil de ler, aparte de que é moi curtiño e moi entretido. O autor escribiu catro historias que foi inventando dende que era pequeno. Estas historias eran de medo, o que che facía estar máis interesado pola lectura. A historia que máis me gustou foi o de cumpremortes, na que un home cada ano recibía unha felicitación do seu cumpremorte. O home cando estaba no seu derradeiro ano cambiouse de casa e fixo todo o que a el lle apetecía. Ao quedar poucas horas para a súa morte saíu á rúa porque senón parecíalle que estaba a esperar a morte e ademais apetecíalle. Pasadas as doce da noite, encontrouse cunha muller que resultaba ser a que lle mandaba as felicitacións, esta díxlle que non morrera porque cambiara o seu destino. Á parte desta historia, tamén estaba a dun rapaz que seatopou cun home idéntico a el, a dunha vella moi mala e a dunha loba que, en realidade, era unha muller.
    Este libro recoméndoo porque lese moi rápido e sen ningunha dificultade.

    ResponderEliminar