2/2/09

O xardín das pedras flotantes

Autor: Manuel Lourenzo González

4 comentarios:

  1. O xardín das pedras flotantes é un libro moi interesante e recoméndoo a calquera para ler.
    O libro é bastante longo, require o seu tempo,pero é fácil de ler xa que ten un vocabulario e expresións simples.
    Ó principio , o libro parece bastante enredado, porque empeza desde a creación do mesmo universo, contando a vida de distintas persoas que ó fin teñen unha relación, e que dan lugar á historia central e protagonista.
    Esta historia, cun protagonista salientable entre todos os personaxes é un rapaz, chamado Simón, que conta toda a súa vida. O máis bonito e emocionante do libro é a historia de amor que vive este rapaz cunha rapaza da súa zona, que é bastante peculiar.
    O final do libro gustoume, xa que a historia non remata tan mal como se espera.
    Recomendo o libro a todo aquel que lle apaixone ler, e que lle gusten as historias de amor enlazadas coa tristeza, alegría e, sobre todo, misterio e algo de ficción.
    Aida Valverde Cabaleiro 2ºBach

    ResponderEliminar
  2. Montse Soliño Martínez

    Aínda que a simple vista parece un pouco denso, unha vez que se comeza a lectura é un libro moi interesante. Simón ten unha perspectiva moi curiosa da vida, que todo é unha rede de causas é consecuencias, é dicir, o destino. Ao longo do libro obsérvase o mundo dende o seu punto de vista e chega a ser ata cómico. Cando alguén tan lóxico se atopa cunha persoa totalmente contraria a el, como é o caso de Anabel, prodúcese un choque interesante.
    É un libro que ten de todo, dende fantasía ata un razón excesiva.
    É moi fácil de ler posto que, sacando as partes onde explica a procedencia e descendencia da familia, faise moi diverso e interesante. Ademais é moi cómico xa que a idea de plantar unha casa e que vai crecer é moi ...
    O que non me acabou de cadrar foi o final do libro xa que me parece un tanto apurado despois de contar toda a historia paseniño ata, as veces, demasiado paseniño; pero polo demais é moi interesante

    ResponderEliminar
  3. Martín Silva Bermúdez

    Este libro trata sobre o amor de Simón e Anabel. A historia comeza narrando a vida dos devanceiros de ambos para despois centrarse nas infancias dos protagonistas ata o momento de coñecérense.
    Este e un relato divertido, ameno e triste a vez. Chégaste a identificar co protagonista e a sentir o que el sente. É moi doado de ler e non e de estrañar que acadara o premio Xerais 2008.

    ResponderEliminar
  4. Elisa Domínguez

    O Xardín das pedras flotantes é un libro moi interesante e entretido.
    O libro comeza na creación do universo , e vai
    contando as historias de varios personaxes ata chegar á do protagonista , a historia de amor entre Simón e Anabel.
    O final do libro gustoume , aínda que podería acabar mellor.
    A única parte que non me gustou foi o principio xa que está todo un pouco enredado
    En xeral, o libro está moi ben , e recoméndollo a calquera que lle guste ler , e lle gusten as historias de amor cun un punto de tristeza.

    ResponderEliminar