2/2/09

Illa soidade

Autora: An Alfaya

4 comentarios:

  1. Dende o meu punto de vista este libro foi moito máis interesante que o anterior. Ao principio non me enganchaba,pero máis tarde, a partir do 2º capítulo xa me empezou a gustar. Gustoume moito a rapaza, Lucía, meténdose e observando a vida das illas como lle dicía Soa (unha indixente) que eran os indixentes a xente que estaba a vivir na rúa.
    Asombroume o personaxe de Zacarías, que era unha mala persoa, alí a onde ía sempre facía o mal. Soa está moi anoxada co tal Zacarías. Lucía pensaba para si que algo malo lle fixera no pasado. Zacarías ordenou prender lume ,e aquí é cando morre o cego,(Mariano).Mariano era unha das illas, estaba sentado nu banco verde,co seu violín.

    Jesús Pilarte Vilar.

    ResponderEliminar
  2. EVA PÉREZ COSTAS

    Eu recomendo este libro, é unha historia moi entretida, a verdade é que é o libro que máis me gustou de todos os que lin.Ten un final pouco esperado, e parecéronme moi interesantes os cambios de tempo que aparecen no libro, dende as cartas de outono ata historia de Lucía.
    Lucía e unha moza que vai a unha cidade universitaria a estudar xornalismo, ten que desprazarse do seu lugar natal,deixando a súa familia, compañeiros e mil e unha historias.
    Os seus pais teñen un bar que é famoso polos bocadillos de tortilla, este establecemento como outros moitos,estaban nunha praza onde había unha estatua de vendedora de mistos,esta praza estaba chea de indixentes,que a maioría dos donos dos negocios non aceptaban.

    SOA: é unha indixente, estivo casada con Arturo,pero o seu amor rematou. Ela explicaba que os indixentes eran así porque querían,todo o mundo tiñan pena deles, pero en realidade eles eran felices,eran como illas, cada unha diferente da outra. Esta moza namorouse de Jean, un pintor tamén sen teito, pero perdeulle a pista, pero Soe sempre tivo a esperanza de encontralo.

    JEAN: era un pintor que tiña unha moza que era vendedora de mistos, o Zacarías que era de mala xente, tamén estaba namorado dela, unha noite prendeulle lume e a moza morreu. Jean nunca a puido esquecer, por iso esculpiu a súa figura.

    ZACARÍAS: un mendigo que sempre estaba metido en malos líos, tiña con el traballando a dous mozos que traballaban por drogas. Eles coa axuda de PÍO préndenlle lume a un indixente que era cego e que tocaba o violino, o propósito desta desfeita era largar os sinteito da praza. Soa aproveitou o incendio para prenderlle lume a estatua da vendedora de mistos, porque en realidade era a súa rival.

    Ao final da historia, Soa encontra a Jean e marcha con el.
    É un final un pouco raro, e eu penso que non o entendín moi ben, porque é como se Soa en realidade non marchara Jean, senón que se suicidara.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo8/3/09 14:02

    Carlos Pais Suárez

    Creo que o libro é interesante, recomendaríao, xa que nos mostra o punto de vista dunha futura estudante de periodismo, que se fixa nos vagabundos, e pensa, que por que o son, que motivos os converteron en vagabundos e as súas historias.
    Ademais, cóntao despois de vivilo, cando marcha para a universidade e se lembra de todo isto grazas a unha gravadora coas conversas con Soa e o Diario de Outono de Soa tamén.
    Os personaxes son todos diferentes entre si psicoloxicamente, xa que algúns crían que os sen teito causaban a falta de clientela nos seus negocios e querían desfacerse deles, outros coma Lucía, a protagonista e seu pai, crían que eran xente que necesitaba axuda e de cando en vez ofrecíanlles comida e bebida. E logo estaba Zacarías, un vagabundo ex-mercenario que se dedicaba a vender drogas para que a xente dependese del e empregábaos para facer delitos.
    O momento de lectura máis agradable foi cando Lucía e Daniel se fan amigos durante a viaxe en tren, e o máis desagradable cando Zocarías e os seus lle prenderon lume a uns vagabundos, incluído un violinista cego chamado Marcelino.

    ResponderEliminar
  4. Marta Blanco Rodríguez

    Persoalmente recomendo este libro xa que a min xa de primeiras enganchoume.
    É moi fácil de ler e a historia é interesante.
    Cando comezas a coñecer a Lucía dáste conta das súas inquietudes e contáxiaste un pouco con elas.
    A súa curiosidade por coñecer ós indixentes é saber as súas historias penso que a fan bastante boa para a profesión que quere desempeñar.
    A relación cos seus pais pareceume bastante común e fai que a historia sexa aínda máis realista.
    Cando comeza a falar con Soa (a súa amiga indixente) e ela coméntalle o das illas, pareceume xenial xa que a comparación é bastante fermosa.
    A serie de sucesos que ocorren ó longo da historia, como o da morte de Mariano, entristecéronme e a vida que levaba Soidade tamén me deu pena pero, cando Lucía lle comenta todo a Daniel no tren e este se interesa tanto en escoitala, púxenme contenta porque xa vira as súas intencións antes de acabar de ler o libro.
    E, cando ó rematar me dei conta de que o que pensaba era certo, encantoume ese final.
    Para min foi un libro fácil de ler, entretido e cun bo final, por iso o recomendo a calquera que busque un bo libro para pasar un anaco entretido.

    ResponderEliminar