2/2/09

¿Que me queres amor?

Autor: Manuel Rivas

7 comentarios:

  1. Anónimo2/2/09 11:50

    Estela Fernández Goce 2ªA Bachillerato:
    Gustoume moito o libro xa que gústanme moito os libros de relatos. Foi moi entretido aínda que algúns relatos eran un pouco difíciles de entender, e outros enterábaste ao final pero aínda así pareceume un libro que recomendaría á xente que lle gusten os relatos porque son moi bonitos esituados en zonas galegas. O relato que máis me gustou foi o primeiro que se chama como o libro ¿Que me queres amor?

    ResponderEliminar
  2. Estela Fernández Goce
    Gustoume moito o libro xa que me gustan moito os libros de relatos. Foi moi entretido aínda que algúns relatos eran un pouco difíciles de entender, e outros decatábaste ao final pero, aínda as,. pareceume un libro que recomendaría á xente que lle gusten os relatos porque son moi bonitos e situados en zonas galegas. O relato que máis me gustou foi o primeiro que se chama como o libro ¿Que me queres amor?

    ResponderEliminar
  3. Diego Cuevas

    Este libro de relatos pareceme moi interesante, gustame a forma na que se desenvolven as historias e sobretodo a forma na que rematan, manteñen o misterio ate o final. O libro comeza co relato que, curiosamente chamase como o libro ¿Que me queres amor?. Dito relato é un dos meus preferidos, este trata sobre unha historia de amor na que un mozo, de orixe pobre, vive namorado dunha rapaza. O mozo dada a sua situación decide roubar un banco, do que sae mal ferido, finalmente el morre e ela dase conta de certas cousas que ata enton non sabia acerca dos sentimentos del. Outro relato que me gustou moito foi Solo por ahí, no que Manuel Rivas relata a vida complicada entre un pai moi ranfoñeiro e o seu fillo. O pai pensa que seu fillo non vale para nada e que non é normal, o fillo farto das queixas do pai sentese ridiculizado por el diante dos seus amigos, pero ao final o pai dase conta de que esta moi equivocado. Os demais relatos tamen foron moi interesantes e misteriosos, sobretodo o da leiteira de Veermer, un gran relato entorno a un cadro moi sospeitoso. O que máis me gustou do libro foi ese misterio que Manuel Rivas soe manter ata o final na maioria dos relatos, o que menos, a complexidade para entender alguns detalles en certos relatos. En resumo, é un libro moi interesante que llo recomendo a todos aqueles amantes do misterio e do amor, pero que requiere as veces certa paciencia para comprender. A min persoalmente gustoume moito.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo8/5/12 11:28

    Que me queres amor é unha das grandes obras de Manuel Rivas. Está composta por dezaséis relatos breves aparentemente moi diferentes entre sí, nos que se combinan personaxes de diferentes idades, como nenos como Pardal en tempos da II República, mozos como Tino, asasinado durante un atraco, ou vellos como Old M., protagonista do relato "A chegada da sabedoría co tempo".

    As historias desta obra son sinxelas e rápidas de leer, ademais de inxeniosas.

    Por outra parte, destaca a técnica narrativa, que ten trazos destacados, como non revelar o que sucede ata case o final, como sucede no relato de "Que me queres amor", no que ata o final non sabemos que Tino, o protagonista,está morto. Tamén destaca que Manuel Rivas consegue que o lector se poña na pel dos personaxes. Isto é moi visible no relato "A lingua das bolboretas", no que Pardal e os seus pais acaban insultando e desprezando ao profesor que tanto respetaban para non caer nas mans do bando nacional.

    Destaca tamén o relato de "Só por ahí", que mostra a angustia que sinten os pais cando os seus fillos saen por ahí e non aparecen por ningures.

    En conclusión é unha obra recomendable que inclúe relatos para todo tipo de idades, aínda que algúns son algo complexos e difíciles de entender.

    ResponderEliminar
  5. Inés Pereira Bugarín

    "Que me queres amor" é unha obra de Manuel Rivas que narra dezaseis historias que comparten o amor como parte do tema da trama. Estas historias, practicamente todas, teñen un final inesperado que normalmente non é bo, como por exemplo o rapaz que mata o can da súa moza porque non os deixa en paz cando se ven ou a muller que, a pesar de que está moi namorada do seu home, o mata porque é a súa competencia directa no traballo. Non pode dicir que me desgustase o libro, porque algúns relatos son moi interesantes, pero hai obras que me impactaron máis. Tamén é certo que a forma de escribir de Manuel Rivas pode ser un pouco complicada de entender e iso fai máis difícil a lectura.

    ResponderEliminar
  6. Eva Pereira Bugarín

    Decidin ler ¿Qué me queres, amor? de Manuel Rivas polos comentarios que a profesora de lingua galega fixo sobre el. É un libro que conta dezaseis relatos de amor que teñen un final inesperado, de narrativa sinxela e fácil de ler. Todos eles teñen como tema principal da trama o amor. Chamoume a atención nun dos relatos, unha das últimas imaxes que describe o autor. A espalda dunha nena que con catro anos fora atacada por un lobo, pero que, non se sabe porque razón, este a deixou con vida. Outro relato, que me quedou especialmente marcado, foi o de ''Conga, Conga'', pois o final queda aberto, porque non se sabe o que finalmente pasa no baño entre o paiaso e os nenos. Recomendo ler este libro, porque me resultou entretido.

    ResponderEliminar
  7. Ana Baz Álvarez

    Este libro de Manuel Rivas consta de 16 relatos que narran historias de amor que rematan cun final inesperado. Un dos que máis me impresionou foi o do que un home atracou un banco e despois contaba a súa historia cando xa estaba morto, dicía que lle gustaban moito as cereixas. Outro que tamén me impresionou foi que un policía que cambiou de posto e tiña que investigar a narcotraficantes. Un día no seu traballo apareceu unha señora maior e descrubiu que era filla dun dos narcotraficantes que el perseguira anteriormente.
    Recomendo ler este libro aínda que moitos dos relatos son difíciles de entender

    ResponderEliminar