11/2/09

Ollos de auga

Autor: Domingo Villar

2 comentarios:

  1. Aida Valverde Cabaleiro

    O libro "Ollos de auga" gustoume moito xa que é entretido.

    O libro, de xénero policíaco, trata da investigación do asasinato dun saxofonista que aparece morto de maneira estraña no seu piso da illa de Toralla.
    Toda a investigación é levada a cabo polo axente Leo Caldas, quen ademais intervén no programa radiofónico "Patrulla nas ondas"(o que lle favorecerá a súa investigación); xunto co seu compañeiro, Rafael Estévez, un policía que fora destinado alí había pouco tempo desde Zaragoza.
    As pescudas realizadas polo axente lévano a unha serie de indicios que xunto coa súa intuición fan que culpe a un coñecido doutor da Fundación Zuriaga do asasinato. Pero tempo despois, a súa lóxica e distintos acontecementos levarano a darse conta de que caera nunha trampa e estaba equivocado.

    O que máis me gustou do libro é o ton humorístico que mantén o compañeiro de Leo durante toda a historia coas súas irónicas e graciosas contestacións. Ademais é curiosa a forma de empezar cada capítulo , cunha palabra que aparece no texto xunto con todos os seus significados.

    O libro recoméndoo a calquera, sobre todo a aqueles que lles gusta a intriga e as historias policíacas, xa que é fácil de ler e para nada aburrido.

    ResponderEliminar
  2. Carlos Pais Suárez dixo...

    Pareceume un bo libro, moi interesante, xa que nel se investiga un asasinato dun saxofonista na illa de Toralla. A trama engancha rapidamente xa que o protagonista, un inspector da cidade de Vigo, vai descubrindo pouco a pouco cousas, coa axuda do seu axudante, un home alto e forte que non soporta o modo da fala galega, xa que el é de Zaragoza,trasladado por motivos descoñecidos.

    Pódese ver que ao principio de cada capítulo aparece unha palabra coas súas definicións do dicionario, e que ten que ver co capítulo.
    A acción da historia transcorre en dous o tres días no caso do nó. O desenlace é unha semana despois.
    Despois do asasinato, o inspector coa axuda do forense do UICD, descobre o método empregado para o asasinato,e iso sérvelle de pista para comezar a investigación.
    Ao final, o principal sospeitoso é acusado e está a punto de ser preso, pero alguén que se ocultaba era o verdadeiro asasino.

    ResponderEliminar