11/2/09

O lapis do carpinteiro

Autor: Manuel Rivas

2 comentarios:

  1. Yago Vicente González:

    Persoalmente creo que é unha obra moi boa. É unha novela cargada de sentimentos de amor,de melancolía e liberdade, de pequenas historias máxicas que lle ocorren aos protagonistas, onde no terror da Guerra Civil do 36 ou o cárcere se crea unha verdadeira historia de amor. Unha historia de amor que chega ata os nosos días, entre Marisa Mallo, unha fermosa moza, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, que será encarcelado durante a guerra.
    Na miña opinión é unha das obras máis conmovedoras e tristes da literatura galega. Aínda que sobre a lectura, as veces resulta confuso, polos saltos de persoaxes e do tempo, na miña opinión é unha obra moi recomendable para calquera.

    ResponderEliminar
  2. O lapis do carpinteiro pareceume un libro moi interesante, pois é un fiel reflexo de todo o sucedido durante a Guerra Civil, donde asasinaban ou encarcelaban a aqueles que se opuñan o réxime. Daniel da Barca pareceme un persoaxe moi sinxelo e intelixente e a su historia con Marisa Mallo e moi emocionante pola dificultade desta mesma. Gustoume o momento no que ela vaio buscar ao tren dos enfermos, foi un dos momentos máis emocionantes do libro. Polo demais, o papel do lapis é moi importante posto que cambia a forma de pensar de Herbal dende que o coloca na sua orella, dende aquel intre Herbal convertese nunha persoa máis comprensiva con Daniel da Barca, non o mata, entende a sua historia con Marisa e incluso lle concede estar unha noite con ela. O final pareceume perfecto posto que todo rematou como debia, Daniel con Marisa e Herbal con Maria no clube de alterne. Recomendo este libro porque como xa dixen antes, é un reflexo da represión sufruida por aqueles opostos o sistema.

    ResponderEliminar