Iria Lores vilar dijo... Este libro reflicte perfectamente as penurias que tiveron que pasar as persoas con ideoloxía contraria ao bando gañador durante a Guerra Civil española. Xa que conta as consecuencias que tivo a guerra para a xente, vista dende diferentes puntos de vista. Xa que o personaxe principal ten que vivilas dende neno. Ten partes un pouco duras, xa que hai partes do libro nas que conta algunhas das torturas que sufrían os presos no cárcere e as humillacións que sufrían os mesmos. Ademais conta tamén a situación na que se viron miles de galegos durante esta época ao non ter máis remedio por rázóns económicas que emigrar ou como neste caso por razóns ideolóxicas, que exiliarse a América. Esta situación vívea en primeira persoa Camillo (personaxe principal) que se ve obrigado a facelo pola súa ideoloxía anarquista, pero tamén se aprecia a angustia que pasaban os familiares que permanecían en Galicia esperando os seus seres queridos. En resume , é un libro un tanto duro e en ocasións triste, pero a min persoalmente gustoume moito xa que aínda que nun principio parece moi longo, cando o empezas a ler resulta moi ameno e entretido. Iria Lores Vilar
2/2/09 08:49 Iria Lores Vilar dixo... 1_ As rulas de Bakunin de Antón Riveiro. 2_ O tema principal é a vida de Camilo (o personaxe principal) dende neno ata a súa morte, os capítulos do libro poderían dividirse en tres grupos, xa que nuns capítulos cóntase a súa infancia, noutros a súa xuventude e madurez e noutros a súa vellez. A maioría do libro esta vinculada a un libro do anarquista Bakunin. Xa que o avó do protagonista regaloullo antes da súa morte. Durante a súa xuventude Camilo puido ser liberado do cárcere tras aprender todo este libro e recitalo. E Durante a súa vellez tratara por tódolos medios de volver atopar este libro. Como xa escribín anteriormente, o personaxe principal é Camilo, un home anarquista que ten que enfrontarse durante toda a súa vida ás "consecuencias" da súa ideoloxía. Os secundarios serán: A súa tía:Camilo foi vivir á súa casa para poder seguir os seus estudos. Era unha muller que levaba toda a vida agardando polo seu mozo(Ricardo) que se vira obrigado a emigrar. Ela xa tiña corenta anos cando el regresou.Casaron. Ela nunca puido superar a morte do seu marido. Rosalía: A súa primeira moza e posteriormente a súa muller e nai da súa filla. Coñeceuna porque traballaba cosendo coa súa tía. Andrés: Un dos seus compañeiros do cárcere, que atopara anos despois cando Camilo intentaba atopar o libro que o liberara do cárcere. Este cando o protagonista o atopou, adicabase a perseguir a un dos carcereiros, recitándolle fragmentos do libro de Bakunin. Este fascista matouno na presenza de Camilo. Santi Noreste: Amigo de Camilo encarcerado tras unha revolta coa garda civil. Durante todo o libro atopamos diversas cartas deste home ó protagonista dende o cárcere. A súa moza na súa ausencia casou cun home do bando contrario a ideoloxía do seu anterior mozo. O fillo deste matrimonio será o futuro xenro de Camilo. 4_ O narrador será Camilo durante case todo o libro,excepto nas cartas de Santi Noreste nas que o narrador será o propio Santi. Todo o libro está en primeira persoa. Os espazo serán maioritariamente pobos da Provincia da Coruña (a propia cidade incluída) . Durante o exilio a historia situarase en Ámerica latina, e por último durante a súa vellez a historia nárrase en Santiago
As Rulas de Bakunin pareceume un libro bastante interesante aínda que se me fíxo un pouco longo. A historia de Camilo é moi doada e aparecen momentos moi sentimentais como a morte da súa muller Rosalia e a do seu avó Estevo e á vez moi duros cando nos conta o das guerrillas cos falanxistas. Os distintos puntos de vista con que se enfoca a historia foi o que máis me gustou do libro, pero os capítulos que salientaría son as cartas que lle escribía Camilo á súa muller xa morta.
Este libro reflicte moi ben as penurias pasadas pola xente contraria ao bando gañador durante a guerra. Estas penurias están contadas dende diferentes puntos de vista xa que o personaxe principal ten que vivilas dende neno. En ocasións, o libro é un pouco duro xa que conta algunhas das torturas e humillacións que sufrían os presos no cárcere. E tamén a triste situación na que se viron miles de galegos de ter que exiliarse ou emigrar a América En resume, pareceume un libro precioso aínda que un tanto duro, e ademais aínda que ao principio parece moi longo, despois a súa lectura é moi amena.
As rulas de Bakunin conta a vida de Camilo, un home que grazas ao seu avó, foi educado dunha forma moi liberal e anarquista, o que o levou a ter grandes problemas coa xustiza.
Esta historia non me pareceu coma a maioría das contadas sobre a Guerra Civil, xa que era contada dende o punto de vista dun anarquista. O libro é interesante, aínda que cunha lingua que fai que teñas que estar completamente metido na historia, porque a máis mínima distracción pode facer que perdas na historia. A pesar disto, mantente enganchado ao libro en todo momento. Por isto, creo que é un libro que debería ser lido, xa que nel se poden ver as miserias e alegrías coñecidas durante a Guerra Civil e a Ditadura.
O libro pareceume moi ameno e entretido, gustoume moito porque ten contexto histórico ambientado dende os anos anteriores á Guerra Civil española ata o presente. Pareceume moi valente a historia de Camilo debido a todas as adversidades que sufriu na súa vida.O único que non me gustou foron as cartas que aparecían de Camilo á súa muller despois de morta e houbo unha parte que non cheguei a comprender na parte final do libro pero en termos xerais pareceume un libro, que inda que era longo , é facil de ler e que nos mostra a vida dende o punto de vista dun anarquista no século XX.
Iria Lores vilar dijo...
ResponderEliminarEste libro reflicte perfectamente as penurias que tiveron que pasar as persoas con ideoloxía contraria ao bando gañador durante a Guerra Civil española. Xa que conta as consecuencias que tivo a guerra para a xente, vista dende diferentes puntos de vista. Xa que o personaxe principal ten que vivilas dende neno. Ten partes un pouco duras, xa que hai partes do libro nas que conta algunhas das torturas que sufrían os presos no cárcere e as humillacións que sufrían os mesmos. Ademais conta tamén a situación na que se viron miles de galegos durante esta época ao non ter máis remedio por rázóns económicas que emigrar ou como neste caso por razóns ideolóxicas, que exiliarse a América. Esta situación vívea en primeira persoa Camillo (personaxe principal) que se ve obrigado a facelo pola súa ideoloxía anarquista, pero tamén se aprecia a angustia que pasaban os familiares que permanecían en Galicia esperando os seus seres queridos.
En resume , é un libro un tanto duro e en ocasións triste, pero a min persoalmente gustoume moito xa que aínda que nun principio parece moi longo, cando o empezas a ler resulta moi ameno e entretido.
Iria Lores Vilar
2/2/09 08:49
Iria Lores Vilar dixo...
1_ As rulas de Bakunin de Antón Riveiro.
2_ O tema principal é a vida de Camilo (o personaxe principal) dende neno ata a súa morte, os capítulos do libro poderían dividirse en tres grupos, xa que nuns capítulos cóntase a súa infancia, noutros a súa xuventude e madurez e noutros a súa vellez. A maioría do libro esta vinculada a un libro do anarquista Bakunin. Xa que o avó do protagonista regaloullo antes da súa morte. Durante a súa xuventude Camilo puido ser liberado do cárcere tras aprender todo este libro e recitalo. E Durante a súa vellez tratara por tódolos medios de volver atopar este libro.
Como xa escribín anteriormente, o personaxe principal é Camilo, un home anarquista que ten que enfrontarse durante toda a súa vida ás "consecuencias" da súa ideoloxía.
Os secundarios serán:
A súa tía:Camilo foi vivir á súa casa para poder seguir os seus estudos. Era unha muller que levaba toda a vida agardando polo seu mozo(Ricardo) que se vira obrigado a emigrar. Ela xa tiña corenta anos cando el regresou.Casaron. Ela nunca puido superar a morte do seu marido.
Rosalía: A súa primeira moza e posteriormente a súa muller e nai da súa filla. Coñeceuna porque traballaba cosendo coa súa tía.
Andrés: Un dos seus compañeiros do cárcere, que atopara anos despois cando Camilo intentaba atopar o libro que o liberara do cárcere. Este cando o protagonista o atopou, adicabase a perseguir a un dos carcereiros, recitándolle fragmentos do libro de Bakunin. Este fascista matouno na presenza de Camilo.
Santi Noreste: Amigo de Camilo encarcerado tras unha revolta coa garda civil. Durante todo o libro atopamos diversas cartas deste home ó protagonista dende o cárcere. A súa moza na súa ausencia casou cun home do bando contrario a ideoloxía do seu anterior mozo. O fillo deste matrimonio será o futuro xenro de Camilo.
4_ O narrador será Camilo durante case todo o libro,excepto nas cartas de Santi Noreste nas que o narrador será o propio Santi. Todo o libro está en primeira persoa.
Os espazo serán maioritariamente pobos da Provincia da Coruña (a propia cidade incluída) . Durante o exilio a historia situarase en Ámerica latina, e por último durante a súa vellez a historia nárrase en Santiago
Patricia Fernández Almansa
ResponderEliminarAs Rulas de Bakunin pareceume un libro bastante interesante aínda que se me fíxo un pouco longo. A historia de Camilo é moi doada e aparecen momentos moi sentimentais como a morte da súa muller Rosalia e a do seu avó Estevo e á vez moi duros cando nos conta o das guerrillas cos falanxistas. Os distintos puntos de vista con que se enfoca a historia foi o que máis me gustou do libro, pero os capítulos que salientaría son as cartas que lle escribía Camilo á súa muller xa morta.
Iria Lores Vilar dixo...
ResponderEliminarEste libro reflicte moi ben as penurias pasadas pola xente contraria ao bando gañador durante a guerra. Estas penurias están contadas dende diferentes puntos de vista xa que o personaxe principal ten que vivilas dende neno. En ocasións, o libro é un pouco duro xa que conta algunhas das torturas e humillacións que sufrían os presos no cárcere. E tamén a triste situación na que se viron miles de galegos de ter que exiliarse ou emigrar a América
En resume, pareceume un libro precioso aínda que un tanto duro, e ademais aínda que ao principio parece moi longo, despois a súa lectura é moi amena.
Iria Lores Vilar
As rulas de Bakunin conta a vida de Camilo, un home que grazas ao seu avó, foi educado dunha forma moi liberal e anarquista, o que o levou a ter grandes problemas coa xustiza.
ResponderEliminarEsta historia non me pareceu coma a maioría das contadas sobre a Guerra Civil, xa que era contada dende o punto de vista dun anarquista.
O libro é interesante, aínda que cunha lingua que fai que teñas que estar completamente metido na historia, porque a máis mínima distracción pode facer que perdas na historia. A pesar disto, mantente enganchado ao libro en todo momento.
Por isto, creo que é un libro que debería ser lido, xa que nel se poden ver as miserias e alegrías coñecidas durante a Guerra Civil e a Ditadura.
Samuel Estévez
ResponderEliminarO libro pareceume moi ameno e entretido, gustoume moito porque ten contexto histórico ambientado dende os anos anteriores á Guerra Civil española ata o presente.
Pareceume moi valente a historia de Camilo debido a todas as adversidades que sufriu na súa vida.O único que non me gustou foron as cartas que aparecían de Camilo á súa muller despois de morta e houbo unha parte que non cheguei a comprender na parte final do libro pero en termos xerais pareceume un libro, que inda que era longo , é facil de ler e que nos mostra a vida dende o punto de vista dun anarquista no século XX.