11/5/10

O diario vermello de Carlota

Autor: Gemma Lienas

7 comentarios:

  1. Patricia Pereira Santos 2ºB Bach

    O libro O diario vermello de Carlota pareceume entretido.
    Nun comezo a historia é máis entretida do que o é o final.
    Conta a historia dunha moza,Carlota, á que se lle ocorre escribir un diario sobre sexo e as súas experiencias relacionadas con ese tema. Debido a súa temática, decide que sexa de cor vermella, de aí o título.
    Cando vai mercalo, sucedelle un emprevisto no metro e coñece a Flanagan, un mozo co que descubrirá verdadeiramente o mundo da sexualidade.
    Esta tiña unha especie de mozo co que tivera unha regueifa e debido á súa lonxanía , xa que era de Holanda, decide coñecer máis a fondo ao rapaz do metro.
    Cada vez, comezan a ter unha relación máis estreita ata que se deitan. Cando isto sucede e teñen unha relación sen ningún tipo de protección , pensa que está embarazada.
    As súas inquedanzas son falsas, pero dáse conta dos inconvenientes que podería ter un fillo á súa idade.
    As cousas con Flanagan tórcense cando volve o seu mozo do estranxeiro , e se decata de que a quen realmente quere é a este.
    Flanagan séntese moi decepcionado e non sabe se podera seguir mantendo a súa relación con ela.
    Ao final todo se arranxa e este accede a deixarlle o seu particular diario vermello ao irmán de Carlota, moi interesado no tema da sexualidade tamén.

    En xeral o libro , non estivo mal.Ensínache estatísticas , coñecementos que se podería descoñecer e demáis datos.
    Chamoume moito a atención que no mesmo libro fixesen referencia a outros diarios supostamente escritos por Carlota.

    En conclusión , recoméndoo, xa que é sinxelo de ler.

    ResponderEliminar
  2. Natalia Estévez Benítez

    Este libro pareceume moi adecuado para rapazas e rapaces adolescentes, xa que fala dos cambios que sofres a esa idade e pode axudar a entender mellor todo. Aínda así, non me pareceu moi crible, porque non é normal, na miña opinión, que unha rapaza da súa idade non saiba o que é a menstruación ou o fluxo.
    Tampouco me pareceu moi crible o feito de que pouco despois de coñecer a Flanagan xa estivese segura de querer ter relacións sexuais con el, porque non creo que sexa así como funcionamos as adolescentes.
    O diario vermello de Carlota é, na miña opinión, máis un tipo de informe sobre a sexualidade e sobre os riscos desta, pero tamén sobre os praceres. Este informe queda nun segundo plano, xa que a autora utiliza as vivencias de Carlota para escóndelo.
    Gustoume o feito de que tratase moitos temas, non soamente a sexualidade, senón tamén as dúbidas de Carlota entre Flanagan e Koert e as relacións coa familia, como cando Carlota fala de que os seus pais están divorciados e de que xa teñen unha parella nova, un feito moi normal hoxe en día.

    Na miña opinión, o diario vermello de Carlota é un libro bastante completo e sinxelo, un manual útil para todas as idades. Aínda así a min non me acaba de convencer, xa que noto algunhas incoherencias na trama, como os cambios de pensamento da propia protagonista, pero hai que recoñecer que se nota o duro traballo da autora á hora de recompilar datos e elaborar esta obra, ademais resaltan as continuas indicacións de que existen libros na mesma liña como O diario vermello de Flanagan ou O diario lila de Carlota.

    En definitiva, creo que este libro é bo para rematar cos tabús e para previr de todo o que implica a sexualidade, xa sexas muller ou home.

    ResponderEliminar
  3. Cristina Fernández Santodomingo

    "O diario vermello de Carlota" é un libro que conta a historia dunha rapaza,Carlota, cando decide comezar a escribir un diario sobre o sexo e as relación sentimentais.
    Xunto co estudo sobre este tema conta a súa propia historia. Ela ten un mozo holandés co que neses momentos non anda moi ben. Coñece a Flanagan e empezan unha relación de amizade qe os levará ao sexo. El sente algo por ela, pero Carlota quere a Koert, o seu mozo. Cando o seu mozo ven a España Carlota sente que a quen quere é a el e decide cortar a relación con Flanagan. El queda decepcionado pero logo quedan como amigos. A partir desta historia vaise introducindo todo tipo de información sobre o sexo e todo o relacionado con iso.

    Pareceume un libro interesante en canto á información qe mostra pero non me gustou demasiado. Ao principio, a historia parecía que me ía a gustar pero a sensación non foi a mesma que cando o rematei. Recoméndoo sobre todo a nenas entre os 13 e os 15 anos.

    ResponderEliminar
  4. Débora Cruz Meneses

    Este libro pareceume moi interesante. Relata as historias sexuais dunha moza de 16 anos e a súas amigas. Conta como foi a primeira relación sexual, infórmanos sobre tódolos tipos de enfermidades de transmisión sexual distintos métodos anticonceptivos. Ademais amósanos a preocupación sobre un posible embarazo, un tema de actualidade coa recente lei de aborto. Gustoume moito porque pódeste sentir bastante identificada coa protagonista en moitas das circunstancias que esta vive. É unha lectura moi amena e cun vocabulario moi sinxelo e fácil de entender. Outro aspecto importante é que podes aprender moitísimas cousas xa que no libro amósase moitísima información.
    Recomendo este libro a todas as persoas que lles guste ler e en especial á xente da nosa idade.

    ResponderEliminar
  5. Anxo Cedeira García

    Carlota é unha moza adolescente que un día na clase descobre que ela mais os seus compañeiros son uns ignorantes respecto ó tema do sexo polo que decide escribir un diario no que relate todas as súas dúbidas, as súas experiencias...
    Un día coñece a Flanagan un rapaz detective fisicamente atractivo e moreno ademais de boa persoa, sincero e directo. Coñécense nunha estación cando lle rouban o moedeiro a Carlota e este o recupérao para devolvelo. Carlota cóntalle a súa idea de facer o diario e este decide facer outro. Xuntos viven unha experiencia sexual única que posteriormente todo remata nunha amizade.
    Gústame recomendar este libro xa que resolve todas as cuestións que se poden preguntar as adolescentes como a transmisión de enfermidade, os embarazos non desexados, etc.
    E ademais informa moi ben ás adolescentes sobre este tema. O libro está ambientado na actualidade e aparecen continuas alusións as redes sociais como o Messenger.

    ResponderEliminar
  6. Ana Amorín Fernández31/5/10 15:09

    “O diario vermello de Carlota” pareceume unha novela moi interesante, aínda
    que penso que esaxeraron un pouco os poucos coñecementos sexuais dela. Explícome:
    Por unha parte, é un bo libro, pois fala sen tabús do sexo, e en tódolos ámbitos. Os capítulos que máis me chamaron a atención foron nos que se daba información acerca do SIDA, os embarazos, os métodos anti-conceptivos ou a homosexualidade, pois son temas moi actuais e é importante que todos deixemos os nosos prexuízos atrás respecto deles.
    Por outra parte, penso que quizais o libro estea máis orientado cara rapazas e rapaces de menor idade ca de Carlota, pois tamén aborda temas como a regra, os fluidos, os órganos reproductores e os primeiros “bicos de tornillo”. Visto deste xeito, pareceume un pouco infantil, e penso que Carlota debería ter menos idade. Aínda que este é soamente o meu punto de vista, porque estou segura de que moitas rapazas da miña idade e da de Carlota están moi desinformadas sobre estos temas tan importantes.
    Para concluir, recomendo a todo o mundo, xa sexan rapazas ou rapaces, nais ou pais, que lean o libro. Atoparán cousas que xa saben, pero outras que seguramente os sorprenderán.
    As rapazas poderán entenderse mellor e resolver dudas “tabú” que poidan ter, pois a cotío costa falar de estos temas na casa.
    Os rapaces conseguirán entender mellor as rapazas e comprendelas, que é algo moi importante cando falamos de sexo.
    As nais e pais que o lean seguramente comprendan mellor as súas fillas e poidan atreverse a abordar estes temas con elas.
    É moi importante que toda a sociedade estea educada en tódolos ámbitos, e o sexo é un ámbito máis do que canto máis se sepa acerca del, menos problemas poderá ocasionar.

    ResponderEliminar
  7. Miriam Álvarez Lomba
    O diario vermello de Carlota

    Este libro pareceume moi interesante é educativo posto que fala de temas sexuais e amorosos. Pareceume un libro fácil de ler é enganchoume moito debido a que Carlota (a protagonista e escritora do diario) relata as súas aventuras e os seus coñecementos sobre o sexo. Fala sobre a menstruación, as relacións sexuais, o embarazo, os métodos anticonceptivos…Carlota é unha rapaza e con moi pouca vergonza posto que non lle importa facer preguntas sobre sexo a súa avoa ou a súa nai.Coñece a un rapaz chamado Flanagan co que vive as súas primeiras experiencias sexuais e polo que sente unha forte atración sexual, tamén existe Koert o seu noivo holandés, ela está indecisa porque non sabe a quen quere dos dous,e o final decídese por Koerte e queda como amiga de Flanagan.
    Gustoume bastante porque nos achega estes temas de forma amena e fáciles de entender, este libro serviume para aprender cousas novas e para resolver certas dubidas.

    ResponderEliminar