11/5/10

As rulas de Bakunin

Autor: Riveiro Coello

5 comentarios:

  1. Iria Lores vilar dijo...
    Este libro reflicte perfectamente as penurias que tiveron que pasar as persoas con ideoloxía contraria ao bando gañador durante a Guerra Civil española. Xa que conta as consecuencias que tivo a guerra para a xente, vista dende diferentes puntos de vista. Xa que o personaxe principal ten que vivilas dende neno. Ten partes un pouco duras, xa que hai partes do libro nas que conta algunhas das torturas que sufrían os presos no cárcere e as humillacións que sufrían os mesmos. Ademais conta tamén a situación na que se viron miles de galegos durante esta época ao non ter máis remedio por rázóns económicas que emigrar ou como neste caso por razóns ideolóxicas, que exiliarse a América. Esta situación vívea en primeira persoa Camillo (personaxe principal) que se ve obrigado a facelo pola súa ideoloxía anarquista, pero tamén se aprecia a angustia que pasaban os familiares que permanecían en Galicia esperando os seus seres queridos.
    En resume , é un libro un tanto duro e en ocasións triste, pero a min persoalmente gustoume moito xa que aínda que nun principio parece moi longo, cando o empezas a ler resulta moi ameno e entretido.
    Iria Lores Vilar

    2/2/09 08:49
    Iria Lores Vilar dixo...
    1_ As rulas de Bakunin de Antón Riveiro.
    2_ O tema principal é a vida de Camilo (o personaxe principal) dende neno ata a súa morte, os capítulos do libro poderían dividirse en tres grupos, xa que nuns capítulos cóntase a súa infancia, noutros a súa xuventude e madurez e noutros a súa vellez. A maioría do libro esta vinculada a un libro do anarquista Bakunin. Xa que o avó do protagonista regaloullo antes da súa morte. Durante a súa xuventude Camilo puido ser liberado do cárcere tras aprender todo este libro e recitalo. E Durante a súa vellez tratara por tódolos medios de volver atopar este libro.
    Como xa escribín anteriormente, o personaxe principal é Camilo, un home anarquista que ten que enfrontarse durante toda a súa vida ás "consecuencias" da súa ideoloxía.
    Os secundarios serán:
    A súa tía:Camilo foi vivir á súa casa para poder seguir os seus estudos. Era unha muller que levaba toda a vida agardando polo seu mozo(Ricardo) que se vira obrigado a emigrar. Ela xa tiña corenta anos cando el regresou.Casaron. Ela nunca puido superar a morte do seu marido.
    Rosalía: A súa primeira moza e posteriormente a súa muller e nai da súa filla. Coñeceuna porque traballaba cosendo coa súa tía.
    Andrés: Un dos seus compañeiros do cárcere, que atopara anos despois cando Camilo intentaba atopar o libro que o liberara do cárcere. Este cando o protagonista o atopou, adicabase a perseguir a un dos carcereiros, recitándolle fragmentos do libro de Bakunin. Este fascista matouno na presenza de Camilo.
    Santi Noreste: Amigo de Camilo encarcerado tras unha revolta coa garda civil. Durante todo o libro atopamos diversas cartas deste home ó protagonista dende o cárcere. A súa moza na súa ausencia casou cun home do bando contrario a ideoloxía do seu anterior mozo. O fillo deste matrimonio será o futuro xenro de Camilo.
    4_ O narrador será Camilo durante case todo o libro,excepto nas cartas de Santi Noreste nas que o narrador será o propio Santi. Todo o libro está en primeira persoa.
    Os espazo serán maioritariamente pobos da Provincia da Coruña (a propia cidade incluída) . Durante o exilio a historia situarase en Ámerica latina, e por último durante a súa vellez a historia nárrase en Santiago

    ResponderEliminar
  2. Patricia Fernández Almansa

    As Rulas de Bakunin pareceume un libro bastante interesante aínda que se me fíxo un pouco longo. A historia de Camilo é moi doada e aparecen momentos moi sentimentais como a morte da súa muller Rosalia e a do seu avó Estevo e á vez moi duros cando nos conta o das guerrillas cos falanxistas. Os distintos puntos de vista con que se enfoca a historia foi o que máis me gustou do libro, pero os capítulos que salientaría son as cartas que lle escribía Camilo á súa muller xa morta.

    ResponderEliminar
  3. Iria Lores Vilar dixo...

    Este libro reflicte moi ben as penurias pasadas pola xente contraria ao bando gañador durante a guerra. Estas penurias están contadas dende diferentes puntos de vista xa que o personaxe principal ten que vivilas dende neno. En ocasións, o libro é un pouco duro xa que conta algunhas das torturas e humillacións que sufrían os presos no cárcere. E tamén a triste situación na que se viron miles de galegos de ter que exiliarse ou emigrar a América
    En resume, pareceume un libro precioso aínda que un tanto duro, e ademais aínda que ao principio parece moi longo, despois a súa lectura é moi amena.

    Iria Lores Vilar

    ResponderEliminar
  4. As rulas de Bakunin conta a vida de Camilo, un home que grazas ao seu avó, foi educado dunha forma moi liberal e anarquista, o que o levou a ter grandes problemas coa xustiza.

    Esta historia non me pareceu coma a maioría das contadas sobre a Guerra Civil, xa que era contada dende o punto de vista dun anarquista.
    O libro é interesante, aínda que cunha lingua que fai que teñas que estar completamente metido na historia, porque a máis mínima distracción pode facer que perdas na historia. A pesar disto, mantente enganchado ao libro en todo momento.
    Por isto, creo que é un libro que debería ser lido, xa que nel se poden ver as miserias e alegrías coñecidas durante a Guerra Civil e a Ditadura.

    ResponderEliminar
  5. Samuel Estévez

    O libro pareceume moi ameno e entretido, gustoume moito porque ten contexto histórico ambientado dende os anos anteriores á Guerra Civil española ata o presente.
    Pareceume moi valente a historia de Camilo debido a todas as adversidades que sufriu na súa vida.O único que non me gustou foron as cartas que aparecían de Camilo á súa muller despois de morta e houbo unha parte que non cheguei a comprender na parte final do libro pero en termos xerais pareceume un libro, que inda que era longo , é facil de ler e que nos mostra a vida dende o punto de vista dun anarquista no século XX.

    ResponderEliminar