11/5/10

Made in Galiza

Autor: Sechu Sende

2 comentarios:

  1. Este libro de relatos esta moi ben nalgúns sentidos. Ten unha segunda intención que ten que ver co uso da nosa lingua. Critica a xente que non a fala , nalgúns casos demasiado na miña opinión. Aínda así, fainos reflexionar de por que non usamos máis a nosa lingua propia. Tamén fala dos motivos de por que a xente non a fala nin comeza a falala.
    Os relatos en xeral son bastante entretidos e amenos.

    Óscar Garrido Fernández

    ResponderEliminar
  2. Ana González Miniño
    Este libro é moi entretido xa que conta historias relacionadas co galego, cos falantes e cos que non o son. Como en "Nin en soños vou perder a miña lingua", a meniña que narra non entende que dúas mulleres digan no autobús que os rapaces novos van perder a lingua. Ao preguntarllo á súa nai, esta verificoullo e díxolle que iso curaríase falando moito. Un dos capítulos que máis me gustou en realidade é unha soa frase "Eu nunca serei yo". Este paréceme a frase máis realista e concreta para alguén que non quere perder a súa lingua aínda que vexa que se está perdendo pouco a pouco. Animo a tódolos que teñan un pouco de curiosidade por saber algunha historia sobre o idioma. Hai momentos moi bos.

    ResponderEliminar