23/2/11

Carlos Casares, O sol do verán

2 comentarios:

  1. Cando escollín este libro como optativo non podía imaxinar o moito que me ía sorprender, por varias razóns. A primeira, sorprendeume moito a maneira que emprega o autor para contar o relato, dando saltos temporais e de forma autobiográfica, comezando xa nas primeiras liñas anunciando un suicidio, a partir do cal se desenvolve toda a historia. A segunda, sorprendeume polo final, pois mentres o les estás tan concentrada en intentar indagar por que se suicidou Carlos que case non te decatas de que en realidade, cando Helena conta a historia, estase contestando a si mesma sobre ese interrogante, xa que finalmente, eles dous son irmáns, aínda que non o souberon ata que foron maiores, cando xa era demasiado tarde e xa estaban namorados o un do outro. O último que me sorprendeu do libro foi a personaxe de Carlos, xa que foi a que máis me gustou aínda que dende o principio está morto, pero que vas coñecendo a través dos recordos de Helena; e é a través deles e das súas descricións como pouco a pouco formas na túa cabeza unha personaxe que che intriga e atrae dunha maneira incrible. Pareceume de moito mérito esta capacidade do autor para dar a coñecer a Carlos desta forma. O momento que máis me gustou do libro foi o final, cando Helena le as cartas que se mandaban a súa nai e o pai de Carlos e descobre que son irmáns. Pareceume unha escena moi conmovedora e chea de sentimentos que se contradin, como o feito de namorarse dunha persoa que é da túa familia, o teu irmán concretamente. Como xa dixen antes a personaxe que máis me gustou é a de Carlos, e sobre todo gústame moito nos momentos nos que está a soas con Helena ao longo de toda a súa vida, dende que eran pequenos e pasaban os veráns xuntos ata o encontro final a noite antes da súa morte cando a leva a dar unha volta no coche. Encántame como a trata a ela, chamándoa "Periquita" dun xeito agarimoso, facéndoo dende que eran nenos ata o final da súa vida. En conclusión, recomendaría este libro a calquera lector, tanto novo coma vello, pois é perfectamente adaptable a tódalas idades, ademais de ser moi fácil e rápido de ler, cun vocabulario sinxelo e comprensible. Un libro perfecto para unha tarde que non sabes qué facer!
    Por Ana Amorín Fernández 25/02/11

    ResponderEliminar
  2. Ó libro que eu lin foi "O sol do verán" de Carlos Casares.De todos os libros que lemos ao longo do ano este foi o que máis me gustou, xa que trata un tema que está presente tódolos días no noso mundo. As partes do libro que máis me gustaron son cando a protagonista ,Helena,conta o ben que o pasaban ela mais Carlos en Beiro durante a súa infancia e adolescencia.Tamén me gustoume a parte na que Helena ,case ao final, atopa as cartas na biblioteca da casa de Beiro, que eran de parte do pai de Carlos para a súa nai,e é aquí cando descobre o porqué do suicidio de Carlos. O que eu entendín é que Carlos e Helena eran irmáns debido a que os seus pais estaban totalmente namorados un do outro e que no pasado mantiveran relacións sexuais. Polo que di o libro, Carlos xa o sabía porque llo dixera o seu pai pero Helena non. Ao chegar a estas alturas do libro encóntraslle sentido as longuísimas charlas que mantiña Carlos coa nai de Helena, xa que tamén era a súa nai.Carlos decide suicidarse porque sabía que o seu amor era imposible, e mátase despois de expresarlle todo o seu amor a Helena.Tamén me gusto a forma cariñosa coa que Carlos se diríxía a Helena, "periquita". Ó personaxe que máis me gustou foi o da protagonista, Helena, xa que me parece unha persoa razoable , tranquila, que o único que quería era envellecer ao lado do seu amor.Penso que ao sucederlle isto, nunca máis poderá ser feliz plenamente, xa que lle falta unha peza moi importante da súa vida.
    Por Nerea Pereira Ruibal 25/02/11

    ResponderEliminar