23/2/11

Cunqueiro, As crónicas do Sochantre

1 comentario:

  1. Anónimo8/5/12 11:27

    Jacobo González López 2º BACH.- B

    Merlín e familia, do célebre escritor galego Álvaro Cunqueiro é unha obra que destaca entre outras cousas pola lingua enpregada polo autor, de base popular máis coidada, na que abondan vocablos que semellan arcaicos e que lle dan a esta serie de aventuras do mago Merlín (os diferentes traballos que lle encargan) e o seu "axudante" un aire máis máxico.

    Unha das personaxes que semella máis interesante é Xinebra, a dona do mago, princesa forte e da que semella (ou iso penso eu) que o "axudante-aprendiz" de Merlín sinte algo máis que unha relación dona-criado.

    Un dos relatos máis interesantes é o da princesa que se convertera en cervatiña e tiña que casar, pedíndolle axuda ao mago. Outra historia divertida e interesante é a dos paraugas máxicos, que sinalaban camiños, axudaban a ver na noite, etc.

    En conclusión, Merlín e familia é un libro divertido e ameno, aínda que en ocasións, pode resultar un tanto custoso debido á súa linguaxe enxebrizante.

    ResponderEliminar