23/2/11

Fran Alonso, Cemiterio de elefantes

4 comentarios:

  1. Este libro é entretido e curto, lese rápido porque o autor escribe dunha forma moi dinámica. O libro relátanos unha noite en Vigo na que se entrecruzan distintos personaxes con distintos e estes con historias moi diferentes pero todos teñen algo en común, a noite. Chegada a noite estes personaxes transfórmanse e sofren depresións, terrores... a historia gustoume porque, ó centrarse en Vigo, fai que a historia sexa máis fácil de entender e de imaxinar. En particular, a historia que máis me gustou foi o do home que traballaba no servizo de recollida de lixo pese a ter estudado bioloxía, isto reflicte os problemas que están a suceder nos nosos tempos debido a que hai máis oferta que demanda de títulos universitarios e é algo que nos pode pasar a todos.
    Por Lucio Penedo Pereira 4/02/11

    ResponderEliminar
  2. Pablo de Villalobos Herrero
    Nesta obra de teatro preséntanse tres lances nos que en cada un deles nos contan una historia na que sempre aparece un vello e unha muller nova como personaxes. Cada historia ten varios intereses das mulleres novas para casar cos vellos e ó final de cada un delas aparece a figura da morte. Esta obra é sinxela de ler xa que son tres historias moi sinxelas de entender máis un epílogo no que os tres vellos aparecen no escenario do cemiterio lamentándose; e a lingua que se utiliza non é complexo xa que esta obra foi escrita para ser representada e polo tanto foi feita para que a poida entender calquera espectador.
    24/02/11

    ResponderEliminar
  3. Cemiterio de elefantes é un libro que narra diversos relatos, todos eles centrados no mundo da noite e nun mesmo lugar, Vigo. Un dos relatos máis pecualiares para min foi o de dous homes que nunha noite asaltan a un garda de seguridade dunha igrexa. O garda sorprendido polo asalto por fin entende que se trata de dous guerrilleiros da fronte tras estes, profanar unha tumba; curiosamente a de Castelao. O relato que menos me gustou foi o da señora que nunha noite vai á farmacia de garda para que lle dean un medicamento. Esta tras ter un combate co farmacéutico xa que non tiña a receita, e este non llo quería dar pois decide contarlle a verdade; que o medicamento non é para ela senón para o seu porco. Por último, este libro gustoume moito xa que é miúdo e sinxelo de ler. Os relatos a maior parte deles son moi entretidos xa que contan historias cun certo cáracter real.

    Andrea González Rodríguez 2º Bach

    ResponderEliminar
  4. Cemiterio de elefantes presenta diferentes historias da noite viguesa. Nelas reflicte a situación económica do momento, violacións , roubos, tolerias da xente, a noite nos pub... Na historia dos homes que traballan na recollida do lixo reflicte a situación do país, xa que,a maioría deles teñen carreiras. No libro fai alusión a toleria da xente, por un lado a muller que vai a farmacia de garda para conseguir uns medicamentos sen receta,sen adquirilos;Resulta que os quería para o seu porco. Por outro lado, o dentista de garda que lle clava a lingua contra o padal , xa que a tiña anestesiada. Este foi o capítulo que máis me impactou, non me esperaba tal resposta.
    O capítulo que menos me gustou, foi cando os membros da fronte guerrilleira asaltan un museo para profanar a tumba de Castelao. O que máis me gustou foi que Fran Alonso entrelazara diferentes relatos. Como o da recollida do lixo e a violación, xa que , gracias os homes que recollian o lixo a muller salvouse. Historias que poden darse calquera fin de semana o calquera noite en vigo, por iso o libro é entretido e fácil de leer.

    Jonatan Fontán Gómez 2º Bach

    ResponderEliminar