21/10/10

Grupo abeliano

Autor: Cid Cabido

6 comentarios:

  1. O libro que eu lín é “Grupo Abeliano”
    Persoalmente gustoume moito este libro xa que é unha especie de historia incerta que non se desenvolve nin nun lugar nin nun espazo concretos.
    É canto menos unha historia pintoresca nna que un grupo de persoas que non se sabe cantas son, viven situaciónns incertas e inverosímiles. Defenden unha ideología baseada no convencemento da xente mediante a dialéctica para conseguir uns determinados fins entre os que destacan vivir sen cartos, ir subsistindo un día aquí e outro alí. Debemos así mesmo salientar que na vida real son situaciónns que endexamais se desenvolverían porque en ningún caso mediante a razoamento poderías: marchar dunha gasolineira sen pagar, desviar un autobús da súa ruta para ir a dar un paseo ou mesmo convencer aos gardas de seguridade e policíaa para que lles deixen as súas armas nen conseguir ata sete millóns do director dun banco xustificando que non traballan e que precisan cartos para poder percorrer o mundo.
    É unha historia apasionante que foi moi entretida lela aínda que en determinados momentosdo día quinto e sexto fixéronse un pouco pesarosos.
    Recoméndolle a lectura a todo aquel que queira pasar un bo anaco e rir un chisco coas animadas e incertas vidas dun grupo que nin sequera se saben cantos o compoñen.
    Ángel Vidal Vidal 2º Bach B nº 19

    ResponderEliminar
  2. É un libro moi entretido e divertido, que narra como sen ter nada, nin cartos nin nada, podése chegar moi lonxe con astucia e educación, sabendo utilizar as palabras indicadas e ton indicado, persuadindo e convencendo á outra persoa para conseguir o que se quere sen ningún tipo de problema. É fácil de representar imaxinariamente os diferentes lugares e persoas que se describen no libro, xa que o autor da moitos detalles e datos sobre todo canto o rodea. Tamén neste libro se ve claramente reflectido o compañeirismo e a confianza nos demais.

    Brian González Valverde

    ResponderEliminar
  3. "Grupo Abeliano" gustoume basante, foi unha lectura moi entretida, a historia que narra é moi entretida, conta as accións que realizan un grupo de indefinido número de persoas, pareceume moi interesante como a través da palabra e outros metodos, sen ter cartos nen moitos recursos, conséguese facer case de todo. Pareceume unha novela que describe moito o entorno, pero non algúns detalles triviais. En resumo eu recomendo este libro a quen lle interese ler un libro en galego, non é un libro que sexa espectacular, pero faiche pasar bos momentos.

    Laura Pena Santana

    ResponderEliminar
  4. Recomendo este libro para quen busque unha lectura entretida e fácil. o libro trata sobre as averturas e desventuras dun grupo de seis ou sete homes,que durante unha semana vagan pola cidade e sérvense da súa labia e a súa forma de razoar para conseguir da xente o que queren. Desta forma nunca lles falta de nada. Na miña opinión botanlle moito morro nalgunhas situación, pero para eles é algo completamente normal. o libro conclúe dunha forma que non deixa indiferente ao lector. o grupo de seis ou sete homes entra nun banco co propósito de sacar diñeiro, é como unha especie de secuestro voluntario, xa que o director do banco, atendendo ás razóns que lles presenta o grupo, remata regalándolles sete millóns.
    21/10/10
    Lucía Penedo Vázquez

    ResponderEliminar
  5. Lara de Villalobos

    Grupo Abeliano é un libro que recomendo á xente para ler porque me pareceu bastante fácil e rápido. Este libro conta unhas series de sucesos que lle pasan a un grupo de sete ou seis,non especifica cantos son. Este grupo comn e dormn na cidade,non teñen diñeiro e viven grazas ao poder de convicción e de escaquearse de pagar. O que máis me gustou foi a historia de ''amor'' entre a lavandeira e un do grupo.Despois como o grupo non sabían que facer,non traballaban nin nada,decidiron roubar un banco e irse da cidade nunha furgoneta na que coubesen os seis o sete. Isto sucedeu despois do aniversario dos pais do home de boa familia.Chamaron a Molinos (alcume que puxeron ao xefe do banco)para dicirlle que fose ao banco a dar o diñeiro. Molinos chamou o home que tiña as chaves da caixa forte e este abriu a caixa forte,deulle el diñeiro aos homes e quedou encerrado sen querer dentro. O grupo de seis o sete homes co diñeiro montan da furgoneta e vanse da cidade a vivir aventuras.

    ResponderEliminar
  6. María González

    A este libro daríalle unha boa puntuación,xa que é un libro que é entretido e fácil de ler.Este libro atraeu a miña atención dende o comezo,cando o grupo de seis ou sete(nunca especifica cantos son) fan as súas aventuras,que en momentos resultan graciosas,aínda que na realidade son malas e prexudiciais.A que máis me chamou a atención a min foi cando pararon na peaxe,pediron todo canto quixeron e o final marcharon sen pagar. O que máis me gustou foi a pequena aventura de amor entre a lavandeira e un do grupo. Tamén me chamou a atención a súa personalidade,xa que non tiñan cartos e sempre vivían do conto.Nunca se preocupaban polas consecuencias dos seus actos.

    ResponderEliminar