21/10/10

A casa dos Lucarios

Autor: Teresa Moure

8 comentarios:

  1. Alazne Goce Freire

    Eu escollín este libro porque era o único que quedaba na biblioteca, en ningún momento pensei que podería gustarme pero o certo é que me gustou e moito. Non podemos dicir que se trate dun libro moi orixinal cumha trama complexa que xira en calquera momento sorprendéndote cada vez máis, pero é un libro moi entretido curto e fácil de ler, ideal para pasar un momento divertido, xa que o libro está cheo de humor en cada páxina. A historia xira en torno á vida dunha familia que se asenta na aldea de Ferreira logo de perder unha filla, durante a historia os personaxes van cambiando, ao igual que as súas vidas É un libro no que saen moitos personaxes, e todos eles dunha mesma familia polo que é divertido ver as diferenzas que existen entre eles e como cada un vai pouco a pouco afrontando a súa vida e os seus problemas. O espazo é sempre o mesmo, a casa da familia, que igual que os seus habitantes vai cambiando e mellorando a medida que vai pasando o tempo. O libro consegue moi ben o seu obxectivo, que é semellar o paso do tempo. Polo tanto é un libro que eu recomendaria a calquera persoa que quera pasar un tempo divertido lendo, xa que pola súa brevidade e sinxeleza é o libro ideal.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. O libro que eu lín foi "A casa dos Lucarios". O libro gustoume, xa que non utiliza un vocabulario moi complexo e lese moi rápido. O personaxe que me pareceu máis interesante é o de "Rosa", xa que a considero unha persoa moi forte e que quere prosperar na vida. Levei unha gran sorpresa ao final cando aparece a narradora de toda a historia, que é unha das fillas de Rosa,que se chamaba Laura, esta tiña un irmán mellizo chamado Fran . A parte que menos me gustou do libro foi cando relataron a morte de María Celeste , tamén filla de Rosa e Chicho. Non teño ningunha parte preferida xa que me gustou todo o libro , excepto o anaco que acabo de nomear.En conclusión aconsello lelo xa que é unha lectura moi entretida e fácil de ler.

    Nerea Pereira Ruibal 11/11/10

    ResponderEliminar
  4. O libro A Casa dos Lucarios pareceume un libro moi entretido e animaría a todo/a aquel/a que lle apeteza pasar un bo momennto lelo. É moi sinxelo tanto o seu léxico como a súa trama. A historia céntrase nunha familia que nun princio é nomada (son vendedores ambulantes) e está conformada por unha parella, Rosa e Chicho, estes van a incrementar a familia e teñen dous fillos, pero máis adiante teñen unha terceira filla, e a partires de aí a súa vida dá un xiro de cento oitenta graos, pasan de estar cada día nun poco de Galicia a se asentar en Ferreira, todo porque a pequena ás dúas semanas de nacer, morre, e Rosa pensa que non poden deixala aí soa. En Ferreira quedan nunha casa tradicional pero que van a ir modificando con tempo. O primeiro gran cambio, facer da corte a taberna que se converterá no negocio familiar e do que van vivir. Rosa e Chicho van ter moitos fillos e constrúen máis habitacións, cada un destes terá un futuro moi diferente, os máis chamativos son: Rosiña, a filla máis vella, que casa moi xove por quedar preñada, mais logo é abandonada polo seu marido, que nunha segunda emigración non volve. Outro fillo casa e ten dous fillos xemelgos, un neno e unha nena, esta última, Laura é a narradora da historia (que con esta narración pretende agasallar ós seus avós no seu aniversario de vodas). Tamén está Leucalia, quizais a filla máis peculiar da familia, que sempre destacou por ser moi especial, dende pequena resaltou por fermosa mais co tempo descubriuse un certo don, a rapaza curaba á xente e converteuse en curandeira cando era pequena, co tempo estudou medicina e foi unha rapaza moi viaxada, mais que pretendía nun futuro voltar a Ferreira. É curioso tamén o que fai Chcho, que con cada fillo que ten e máis adiante con cada neto, planta unha árbore, esta vai carecterizar ó personaxe que representa. En resumo, a historia conta a evolución da famila así como da sociedade galega, salienta a figura de Rosa neste aspecto, xa que busca o progreso continuamente (amplia a casa, empéñase en ter un baño..). Tamén destaca o emprego de frases tipicas galegas, de ditos ... Eu animo a todos a ler este libro, onde é inevitable encariñarse con persoaxes.

    Marta Samoelle Nieto 11/11/10

    ResponderEliminar
  5. Brian González Valverde

    A historia xira en torno a unha familia, e o título da obra " A casa dos Lucarios" vén dado polo alcume que lle puxeron á familia debido á fama da súa filla á que tiñan por "maga" ou milagreira e á causa das deformación que sufriu dito alcume chegou a ser "Lucarios". Esta familia eran vendedores ambulantes pero a causa da morte da súa filla pequena, a muller da casa, Rosa, decide que non quere marchar do lugar onde a súa filla está enterrada, e viven en Ferreira. Nesta obra vese moi ben reflectido o paso do tempo, e sobre todo a evolución da sociedade comparada á evolución da familia. Esta obra tamén reflicte excelentemente a ambición ou afán de superación representado pola dona da casa, Rosa. Ela é quen moderniza por así dicilo a familia; ela toma a decisión de tirar coa corte e alí facer a taberna e así poder correr cos gastos que tiñan, e tamén é ela quen toma a decisión de facer un baño aínda que inicialmente non tiñan auga, pero ela sabería qe non tardaría moito en chegar. Un dato simbólico que tamén esta na obra é a plantacion de árbores que fai Chicho, o pai, por cada fillo que ten, e así nel "reflíctese" o carácter de cada un deles.
    Paréceme un libro moi entretido, ameno e sobre todo de lectura e comprensión fáciles, xa que non ten un léxico moi difícil, ademais caracteriza moi ben todo dando bastantes adxectivos, e desta forma a súa visualización mental é moito máis doada.
    11/11/10

    ResponderEliminar
  6. Decidín ler este libro como segundo libro optativo por recomendación da profesora de lingua galega, que o definía como un libro moi entretido. O certo é que se trata dun libro bastante fácil de ler, sen vocabulario complexo e cunha composición sinxela. A novela trata de como unha típica familia galega dos anos 40-50, máis ben pobre e que se dedicaba a vender teas polas aldeas, instálase nunha aldea chamada Ferreira, e de como, pouco a pouco e con moito esforzo, van sobrevivindo. Constrúen unha casa, que logo van ampliando pola chegada inminente de máis fillos, e na planta baixa fundan unha taberna que lle deu sustento a este matrimonio e á súa numerosa descendencia, xa que chegaron a ter oito fillos. O relato vaise desenvolvendo neste ambiente, pasando os anos mentres os pais envellecen e os fillos crecen e forman as súas propias vidas. A escritora relata como cada un segue o seu camiño, algúns fican canda seus pais e outros deciden probar sorte nalgún outro lugar. O que máis me gustou da novela foi a capacidade da autora de provocarlle ao lector a sensación de estar lendo unha biografía dunha familia perfectamente crible, sen recordar que é unha novela fantástica. Tamén se aprecia como, co paso do tempo e a mellora das condicións de vida, chegan novas ideas a Ferreira, e esta familia vaise adaptando á modernidade á perfección. A persoa que relata a novela é unha das netas do matrimonio que fundou a casa en Ferreira, polo que, dende o seu punto de vista, pódese observar os cambios que se deron nese lugar, tanto na familia mesma como na casa ou na vila.
    Recomendaría sen dúbida este libro a calquera, pois pola súa sinxeleza e brevidade é perfecto para pasar unha tarde entretida lendo.

    Ana Amorín Fernández 11/11/10

    ResponderEliminar
  7. Xeila Raposo Rodríguez

    A casa dos Lucarios é un libro na miña opinión un tanto peculiar, é dicir, non acostumo a ler libros así. Nel, descríbese como vai evolucionando a casa de Chicho e Rosa, que máis ben está toda disposta por man de ela, Chicho só dicía que a ver se esa era a casa de raíña Henriqueta ( inventada por el, como unha persoa con moitos luxos ). A medida que pasaba o tempo, eles viaxaban dun lugar a outro, tendo fillos, ata instalarse en Ferreira pola morte da súa primeira filla María Celeste. A partir de aí, compran a casa, van pouco a pouco poñéndolle as necesidades pertinentes, abren unha taberna, e mentres ela vendía teas, polo que o negocio ía ben. A historia é narrada pola neta destes dous, Laura, que vai narrando, como evoluciona a vida, as tradicións que tiñan, como a do pai, de plantar unha árbore no nacemento do novo neno, e segundo fora esa árbore así sería o seu fillo.. Ademais, neste libro, chamoume a atención a peculiaridade de Chicho e Rosa, que sempre que algún dos seus fillos casaba, que xa eran ( sete fillos en total ) pois elas o " celebraban á súa maneira ", e a pesar do tempo non perdían nin a paixón nin o amor. Este libro recoméndoo, pois ademais de ter un vocabulario sinxelo, hai moitas descricións, e historias de cada un dos fillos de Chicho e Rosa, como por exemplo a historia de Leocaldia, que tiña unha estraña perfección, e dicían que era milagreira por salvar un neno afogado. O que tamén me chamou moitísimo a atención, e que Chico máis Rosa consideraban unha sobreira ( árbore ) unha filla máis,a chamada Dominga e os seus fillos tamén a consideraban unha irmá máis, algo moi peculiar, incluso lle contaban os seus segredos, e gardábanllos na " panza ". Aconsello ler este libro pola multitude de historias, relatos, e vivencias de cada un, e pola súa comicidade.

    ResponderEliminar
  8. Ao principio escollin este libro porque era un libro curto, nin sequera sabía de que trataba. cando comecei a lelo, levei unha agradable sorpresa porque é un libro moi dinámico no que hai a acción, aguántase ata o final da historia. Na miña opinión é un libro moi fácil e rápido de ler porque nos a historia da vida de dúas persoas e a da familia que terán logo, sen ningún tipo de interrupción. O autor, cando en ocasións cre que a trama diminúe, emprega a diálogo directo co lector para centrarnos e que anime a seguir lendo. o que máis me gustou da historia foi cando nos conta a vida de Leocadia, unha filla dos dous protagonistas, que comeza sendo "unha nena milagreira" e que termina estudiando medicina en Santiago, participando en partidos dos "roxos" e unha serie de cousas máis como as misións que foi facer a India. O que tamén me gustou moito foi como ao autora nos transmite os cambios que ía sufrindo a sociedade co paso do tempo( como son a modernización dos hábitos, das vestimentas , do pensamento que todo o que vén de fóra é mellor...) e rematando coa trama de especulación que temos agora en todos lados. Recomendo ler este libro non só por pasar o tempo senón tamén por saber como eran os costumes e como vivían as persoas fai moito tempo na Galicia rural

    LUCIO PENEDO 11/11/10

    ResponderEliminar