22/2/10

S.O.S.

Autor: Pepe Carballude

2 comentarios:

  1. ANGELA FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ
    2ºB Bach.


    O libro SOS recomenadaríao, xa que nel vese a pésima situación pólitica fronte a unha catástrofe, na que non dan decidido que facer.
    Perxudicando así incluso a vida dos propios cidadán e dos arredores.
    Tamén a mala organización introdúcelles o medo e iso leva a que fagan cousas do tipo de Eva e Rafa.
    os cales fuxiron xuntos para salvar o seu amor, e non ter que separarse.
    Eva era una rapaza a cal morreralle a nai e o pai traballaba no mal e emborrachabase, polo cal case nunca sabía del e vivía cos seus tios os cales en canto puideron deixaronna atrás, quedandose así soa, polo que recurre a Rafa que e un ecoloxista o cal mórrelle o avó mentres el atópase con Eva.
    Despois de enterarse síntese culpable por no encontrarse con el e cos seus pais no momento da morte, aínda así quere continuar ó lado de Eva.
    Refuxianse para non ser encontrados nunha cova, a cal a reconmendara o avó.
    Alí os atopa un amigo deste.
    Un día atópaos a policía e ó escapar deles, teñen un accidente na moto que Rafa roubara ó seu pai.
    El morre, mentras ela so ten unhas magulladuras.
    A nai , arrepentida de dicirlle ó fillo q non estivera con Eva, que hai moitas máis mozas,decide levar a súa casa a Eva mentres non atope unha familia para vivir, xa que cos tíos no quería volver, posto que o tío abusaba dela.
    Finalmente, Eva Vai vivir cunha familia de anciáns os que coida a cambio do seu coidado.
    Mentras tanto tamén estuda.
    E respeto do barco, termina por solucionarse o problema, xa que ó gobernador ocórreselle sacar os bidóns tóxicos de alí, e resulta unha boa idea, pero este home resulta que en canto soluciona o problema dimite,o darse conta que o que máis lle importa é a súa familia.

    ResponderEliminar
  2.   Anxo Cedeira García 2º Bach. B

    Este libro escrito por Pepe Carballude trata do naufraxio dun barco preto das costas galegas, na zona de Coruña. O libro conta a historia dende o punto de vista de dous personaxes diferentes. Un destes protagonistas é o gobernador civil que ten unha vida matrimonial con algúns problemas debido ó seu traballo xa que pasa moito tempo fóra de casa e case non ve os seus fillos e a súa muller. Cando resolve a situación do barco dimite e soluciona os seus problemas persoais. O outro protagonista é Rafa, un adolescente ecoloxista que está namorado de Eva unha moza con problemas familiares tamén ecoloxista. Por medo a separase na evacuación deciden escapar e marchar a unha cova da que falara o seu avó antes de morrer. A historia deste protagonista ten un final máis tráxico xa que non se despide do seu avó antes de morrer e finalmente morre nun accidente de tráfico. Recomendo esta novela xa que é fácil de ler e contén unha trama chamativa aínda que eu cambiaría o final de Eva argumentando que os pais de Rafa poderían adoptar a Eva sen deixar que marchase coa parella de vellos. Tamén Eva podería denunciar ó seu tío que a violaba polas noites.

    ResponderEliminar