22/2/10

Maldito DNI

Autor: Pepe Carballude

5 comentarios:

  1. Jennifer garzón Exposito
    Maldito DNI
    É un libro na miña opinión innovador respeto ó tema do que fala.
    Olimpio é un home que desexa borrarse de todos os rexistros esixtentes, non quere seguir suxeito as intitucións e controlado por elas e única forma de conseguir o seu propósito foi finxir a súa propia morte poñendo a muller nun compromiso, xa que a fixo complice de tal acto sen previo aviso e mentíndolle a toda persoa desdcoñecida e da súa propia familia. Tras varias equivoción por parte de Olimpio que foi moi descoidado a hora de incubrir a súa propia morte, acabaron por descubrir a súa mentira e artimaña.O final foi bastante lóxico en consecuencia dos sucesos narrados, o protagoniasta acabou nunha clínica siquiátrica considerándoo que a súa intención de borrarse do mundo fora fruto da súa tolemia.
    O argumento é bastante peculiar e co que moitas persoas se poden sentir indenficadas, xa que é certo que existen numerosos rexistros onde constan os nosos actos e grazas a eles poden localizarnos case de inmediato, posiblemente moita xente se vexa privada da súa intimidade mentras que para outros casos son de vital necesidade para localizar a delincuentes o persoas que non actúan correctamnte.
    É rencomendable lelo para ser conscientes do mundo no que vivimos e das redes de información na que constamos como persoas dun mundo moi amplo e globalizado.

    ResponderEliminar
  2. Natalia Estévez Benítez
    O libro Maldito DNI é moi interesante, mostra unha visión do mundo diferente, un mundo no que Olimpio Montes séntese máis libre por non ter un DNI nin ter que facer papeleo. Aínda así, vemos como esta idea borrase ante unha serie de incidentes como un control de tráfico ao saír do cine de ver O baile das ánimas. Creo que o libro amosa a perfección o riguroso control que se leva a cabo hoxe en día sobre as persoas, as administracións saben todo sobre nós. Pero isto é algo necesario, xa que axuda a simplificar moitas cousas, eu tamén comparto a idea de Olimpio de que seriamos máis libres se non tivesemos un DNI, pero tamén sería todo moito máis complicado. O que non me agradou do libro foi a imaxe de Leonor, a muller de Olimpio, que ten a súa propia opinión acerca dos feitos, pero acata as ordes do seu marido coma se nada, penso que Pepe reflectiu unha muller sen personalidade, que acata o que lle mandan. Aínda así Leonor mostra moita valentía e iniciativa, ao levar a cabo o enterro de Olimpio e ocultando aos fillos a verdade sobre o seu pai, un feito que tampouco me gustou, xa que Olimpio mostra certa despreocupación polos seus fillos. O final do libro é sorprendente, Olimpio prefire seguir no anónimato antes que recibir a herencia do seu padriño, mentras Leonor non e quere estragar a libertade de Olimpio. Finalmente o plan de Olimpio vése truncado grazas ao policía,que realizara o control de tráfico,e que quedara desprestixiado ante a publicación dunha noticia na que el era o protagonista por multar a un defunto. O policía descobre a farsa de Olimpio e este é enviado a un manicomio, final sorprendente xa que todos os lectores esperarían que acabase no cárcere, xa que a idea de libertade de Olimpio non resulta tan extraña, aínda que o seu plan fose descabellado. Pareceume un libro entretido e divertido, moi fácil de leer grazas aos continuos diálogos e a un vocabulario sinxelo. Tamén creo que a acción é moi rápida e a diversidade de personaxes, como o cura,o señor da funeraria e o doutor amigo de Olimpio,axuda a converter o libro nunha lectura agradable para todos os públicos.

    ResponderEliminar
  3. Anxo Cedeira García 2º Bach. B

    O momento máis interesante do libro, ó meu parecer foi cando o protagonista decide que quere figurar como morto para liberarse do DNI xa que persoalmente non supón ningunha carga e é moi útil. Penso que o protagonista sufriu algún tipo de demencia xa que o seu comportamento non é normal. A maneira de actuar de Don Olimpio Montes foi moi egoísta polo feito de implicar á súa muller no seu acto ilegal.
    Tamén penso que foi imprudente manifestando actos de presenza como ir ó cine, chamar ó teléfono do Portugués e outros actos, non obstante a falsificación dos documentos estaba ben feita. A muller tamén mantivo unha postura un tanto egoísta xa que non lle dixo ós fillos a verdade do seu marido. Se eu me puxese no lugar
    dela denunciaría ó meu marido no momento que descubrira a farsa. Tamén observo unha postura ambiciosa nela xa que no momento que se decatou da herdanza do padriño de seu home delatouno dicindo que estaba de viaxe. O final, desgustoume un pouco.
    O libro é fácil de ler e ademais é curto por iso recoméndoo a aquela xente á que lle guste ler e á que non teña moito tempo para ler.

    ResponderEliminar
  4. Abraham Martínez Santos

    É un libro moi interesante xa que ten mantén pendente del durante toda a obra. Dende o comezo xa sabes que algo estrano vai ocorrer.
    Don Olimpio Montes decide suicidarse pero só nos documentos de identidade polo que para o mundo el está morto, inda que el vai pola cidade moi vivo.
    A partir da súa morte xa quedas intrigado xa que deduces que non podera manter o seu segredo.
    O libro, a demais de ser curto, é fácil de ler porque te mantén na intriga de que descubran que Olimpio segue con vida.
    É un tema entretido o ver que, se desapareces duns simples papeis, desapareces do mundo.
    Con isto o autor demóstranos o controlados que estamos na sociedade actual xa que a nosa vida e todo o que sucedeu nela aparece nun simple ordenador o que calquera pode ter acceso.
    O final Olimpio volvese tolo debido a que non quere volver a aparecer nos papeis quere ser libre, e dálle igual perder unha grandisima suma de cartos cos que poderia vivir tranquilamente toda a súa vida.

    ResponderEliminar
  5. ÁNGELA FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ
    2ºB BACH.

    Neste libro, maldito DNI mostra os medos dun home polo carnet de identidade.
    isto é está farto de depender dun anaco de papel, que sempre esté vixiado, e que non poda ser libre, polo que a súa decisión consiste en darse por morto, isto é vai finxir a súa propia morte dun ataque ó corazón para poder vivir sen limitacións o que sempre quiso, ou coma el di librarse desa enfermidade do DNI.
    PAra conseguilo implica a súa muller, para que o axude, organizando o enterro, entre outras cousas.

    pouco despois, un medico, amigo do morto e un policia ( o cal o descubrira un día volvendo do cine) comezan a sospeitar, o primeiro porque antes de facer todo o paripe da súa morte acudira a el para que certificase a súa morte, e o segundo para limpiar o seu honor.
    entre os dous o acaban descubrindo, aínda que o fai el só, descóbrese a si mesmo, cando descubre que ten unha gran herencia dun tío que morreu e o único que precisa é estar vivo.
    Finalmente resulta que este home remata tolo, aínda que dende o meu punto de vista xa o estaba dende o instante no que pretende facerse pasar por morto ante o estado.
    A mín non mo recomendaría, xa que amosa a toleira dun home que implica a súa propia muller nas súas toleiras, pero pode ser entretido para quen lle gusten esas historias.

    ResponderEliminar