22/2/10

Paisaxe con fondo gris

Autor: Pepe Carballude

1 comentario:

  1. Patricia Pérez Fernández 2ºB Bacharelato

    Este libro recomendaríallo a todas aquelas persoas ás que lle gusten as emocións, ó igual que outros títulos deste autor.

    Concretamente en Paisaxe con fondo gris, alude a dous problemas principalmente, a represión durante a ditadura franquista e a imposibilidade de algunhas persoas de decidir sobre o seu futuro.

    O relato é novidoso, porque non se trata dunha historia que vai ocorrendo, senón que Alfredo lembra toda a súa vida no momento no que se atopa diante da tumba da persoa que tantos problemas lle deu, o seu pai, Primitivo.

    Na miña opinión é moi bo o relato que fai sobre as dificultades de Alfredo para estudar Químicas, tanto por parte da prohibición do pai, como polas dificultades económicas. Estas últimas son fortemente mostradas nos traballos que Alfredo ten que realizar para poder pagarse a carreira, e sobretodo, no momento en que chega a Compostela e se atopa co prazo de matrícula pechado e ten que ir visitar ó rector. É un momento no que se mostra que as autoridades, aqueles que ás veces solo son vistos como os encargados de certas cousas e non como persoas realmente, tamén teñen corazón e poden comprender os problemas.

    Pola outra banda, cabe destacar, que a loucura que se apoderou de Primitivo tras marchar Alfredo da casa, é, na miña opinión, unha boa representación da xente que non sabe ser consecuente cos seus actos. O garda civil quere imporlle por tódolos medios ó seu fillo a carreira militar, posto que el non poidera acceder a ela e aínda se atopa no seu interior a frustración que isto lle causou, e para conseguilo ameaza o seu fillo. Trala decisión de Alfredo de estudar Químicas a pesar de para elo, ter que marchar da casa como lle dixera seu pai na ameaza, Primitivo enlouquece porque nunca se plantexera realmente a verdadeira posibilidade de que o seu fillo poidese fuxir.

    Pola contra o irmán de Alfredo, Paco, representa a figura oposta á primeira decisión de Alfredo, pois métese guarda civil polos desexos do pai, para facer a este feliz debido o amor que lle procesa, e pensa que xa vivirá a vida como queira cando este morra.
    Sen embargo ó final Alfredo, tamén acaba por realizar a carreira militar, compaxinándoa, iso si, coa de Químicas e satisfacendo desta maneira os seus desexos, inda que máis duramente pois isto lle complica a carreira cíéntifica, e os do seu pai.

    A obriga a facer o que os demais dicen tamén está representada na figura do pai, quen foi obrigado a casar con Felisa polos desexos da avoa Virtudes.

    Pola outra banda é destacable a figura do profesor de literatura Suso, quen a pesar de aparecer nun breve fragmento da novela, representa, tras ser obrigado a exiliarse polo emprego do galego, a represión existente durante esta época.

    ResponderEliminar