27/1/12

MARINA Mayoral,Tristes armas

7 comentarios:

  1. Mª Elisabet Durán Del Río
    O libro Tristes armas gustoime moito por diversos motivos explicados a continuación. Por un lado gustoume porque mostra o amor dunha familia que defende o seu dereito a liverdadde na guerra civil española. Outro aspecto que me gustou foi que a protagonista con unha soa mirada a León un neno quedou namorada del parasempre. Pero a vez fixome reflexionar sobre o perxudicial que é un guerra pois divide familias as cales poden quedar distanciadas físicamente para sempres pois por carta podense comunicar, como lle ocorreu a protagonista principal e a súa nai que o casar cun empresario de EEUU e implantarse a 2º Guerra Mundial nun puido ver a súa filla pois o país o cal pertencia agora era rival no cal vivía a súa filla que era Rusia. Todo pola preocupación dos paises depasarseinformación confidencial entre eles, pois León fiu un gran investigador Ruso que traballou para o exercito. Finalmente a irmá pequena da protagonista foi unha gran bailarina de ballet polo que puido ver a súa nai pero so despois das actuacións e cinco minitos pola preocupación deses paises crueis que non querían perder información ou a grandes bailarinas.

    ResponderEliminar
  2. TRISTES ARMAS, Marina Mayoral

    "Tristes armas", libro que leva como lema os versos de Miguel Hernández do "Cancionero y Romancero de Ausencias", é realmente unha historia baseada en feitos reais, nas vidas de tantos nenos e nenas que tiveron que marchar a Rusia, deixando atrás a súa vida, a súa familia, en moitos casos, a súa infancia, que se viu truncada, por mor da Guerra Civil, a peor das guerras. Aínda así, como afirmou Eugenio D'Ors, "calquera guerra entre humanos é unha guerra civil".

    A historia de Harmonía e Rosa, dúas irmás que xuntas chegan a Rusia, debido á ideoloxía republicana dos seus pais, entrelázase con historias de amor, como o amor entre León e Harmonía. Mais tamén con historias de dor, como a morte do pai das rapazas, e a vida da súa nai que, frustradamente intenta reencontrarse coas súas queridas fillas, as cales, anos despois regresan coas súas familias a Galicia.

    É tamén a historia dunha carta, unha carta que ata o final do relato non chega ao seu destino, tarde. É unha historia de historias, de soños, de metas, sobre todo, a meta por conseguir a felicidade.

    Jacobo González 2º BACH.- B

    ResponderEliminar
  3. Yanira Pereira Ruibal 2°A bach.27/1/12 18:56

    O libro "Tristes rmas" de Marina Mayoral parecéume un libro precioso.É tamén é moi interesante porque trata un tema real e as terribles consecuencias que pode acarrear algo coma unha guerra ,sobre todo nunha familia e nunhas nenas inocentes separadas dos seus pais e exiliadas por medo en Rusia.Pero o máis seguro é que este caso non é o único,senón que a maioría das familias daquela época estaban en situacións similares.O libro fíxome sentir cousas moi diferentes,dende alegría por Rosa que cumpliu o seu sono ata tristeza porque Harmonía non volveu a ver xamais a súa nai.
    Tamén encantoume a historia de amor entre León e Harmonía,xa que ao final remataron xuntos e na casa onde ela vivira de nena e sempre recordaba.
    Para rematar,dicir que ao final encantóume o detalle de que encontraran de novo a carta que elas mesmas escribiran de nenas a súa nai.
    Recomendo a todo o mundo que lea o libro porque estou segura de que encantaralle a case todos!!!.

    ResponderEliminar
  4. Andrea Pichel Rodríguez
    2º Bacharelato A

    O libro que lin como voluntario, "Tristes armas" de Marina Mayoral encantoume. Por un lado o tema, a guerra, dúas nenas que tiveron que ser mandadas a Rusia mentres os seus pais loitaban na guerra. Pero por outro lado o sentimento que en sí o libro transmite. Pode que a parte que máis me gustara sexa a parte na que Harmonía conta como é todo en Rusia, na escola e con María do Mar, e fíxome moita gracia a situación onde Rosa non quería separarse da súa irmá e tíñana que ter ata na mesma clase. Outra parte que me encantou foi a parte na que Harmonía dase conta de que está namorada de León e Rosa tamén se decata e tras a negativa da resposta da súa irmá, dille que cando ela sexa maior quererá ser a noiva de León xa que ela non quere. Esta parte dalgunha forma remata ao final, cando teñen que abandonar a casa de acollida e a escola e decidir o que van facer de maiores, e León (que tamén estaba namorado de Harmonía dende que a mirara), pídelle que lle dé unha resposta, e cuxa resposta de Harmonía e que ela o esperará mentres esté estudando como matemático.
    O que menos me gustou do libro, penso que foi a parte na que a nai das nenas, tras morrer o seu home e escapar a Arxentina, casa. Non sei se é pola despreocupación que me transmitiu pola súa parte hacia as nenas ou porqué. Porque penso que se unha nai ten a necesidade de ver as súas fillas e atopa uns cartos, non iría a devolveros, aínda que fora algo inxusto para a persoa que os perdera. Pero no caso no que ela se atopaba, e en medio dunha guerra, a min só se me ocorrería unha clara solución. Tampouco me gustou que casara co dono dos cartos, pois da a sensación, polo menos a min, de que o fai por interese, e por ter a seguridade de que non lle ha de faltar nada. Por todo isto penso que non actuou como unha nai. Menos aínda cando lín o epílogo e decateime de que nunca volveu ver a Harmonía. Sí a Rosa xa que convertérase en bailarina e facía xiras por todo o mundo.
    A pesar de esta pequena parte do libro que me desilusionou, o libro en si encantoume. Non teño palabras para dicir todo o bonito e realista que me pareceu. Por un lado destacaría o humanismo, a axuda que se prestan uns a outros e máis en épocas como esas. Por outro, unha historia de amor tanto familiar como entre persoas, e uns sentimentos de dor.

    ResponderEliminar
  5. Yanira Pereira Ruibal 2º A Bach.28/1/12 12:50

    O libro "Tristes Armas" de Marina Mayoral,parecéume un libro precioso,tanto polo tema tratado como pola forma de contar a historia da autora.
    Respecto ó tema ,podo dicir que encantóume porque é algo real ,algo que seguramente pasóulle a moitas familias durante unha guerra,neste caso a Guerra Civil española.E algo así ten terribles consecuencias,como é o caso de Harmonía e a Rosa,que por mor da guerra tiveron que separarse dos seus pais renunciando a non velos nunca máis,xa que o seu pai morrería uns anos despois loitando na fronte e a súa nai bucóuse a vida e rematou casando outra vez cun home americano.Parecéume moi triste cando ao principio do libro,as nenas,que tan só tiñan seis e doce anos,non puideron despedirse da súa nai no peirao porque chegou tarde e no barco no que embarcaran as nenas xa non as deixaron saír para dicirlle adeus a súa nai.Anos despois,cando Rosa cumple o sono de ser bailarina,sí que mira a súa nai nalgunha ocasión cando fai unha xira por onde ela estaba,pero no caso de Harmonía,nunca máis volveu a vela(a Carmiña,a súa nai).Aínda que en Rusia pasáronno mal algunhas veces porque botaban de menos a súa casa e aos seus pais,Harmonía gañou unha cousa moi importante para ela,ao seu amor León,do cal enamorouse a primeira vez que o vira só no peirao sen ninguén que o recibise,e grazas a él,cando Harmonía xa era maior regresaron a Galiza,á casa onde ela vivira de pequena e sempre recordaba(cos seus fillos,Rosa e os fillos de Rosa).Ó final,aínda que non conseguen ver a súa nai,encantóume o detalle de que encontraran a carta que elas mesmas escribiran de pequenas e que nunca chegou ao seu destino, e que os netos de Harmonía pídanlle a súa avoa que lles lea a carta,que trae detrás moitas e moitas historias...
    Para rematar,o único que teño que dicir é que recomendo a todo o mundo que lea este libro,porque é unha historia preciosa tanto de amor,de protección e de moitas cousas máis...

    ResponderEliminar
  6. Jessica Leyenda da Silva.

    Este libro de Marina Mayoral, pareceume moi interesante e ao mesmo tempo moi triste xa que fala de vida de dúas irmás,Haemonía e Rosa, que pola culpa da Guerra entre fascistas e republicanos non poden vivir cos seus pais, xa que o seu pai, Miguel pelea no bando dos republicanoi, e a súa nai, Carmiña é enfermeira na Guerra. As dúas nenas terán que emigrar a Rusia onde unha atopará o seu amor e a outra atopará a súa verdadeira vocación como bailarina.
    As rapazas intentanse comunicar cos seus pais a través de cartas que nunca serán lidas xa que quedan paradas na fronteira entre Francia e España por vir dun país comunista.
    Pasados varios anos Miguel morre e Carmiña marcha para a Arxentina onde volve casar outra vez, nunca conseguirá estar coas súas fillas, só manterá contacto con Rosa, xa que a vai ver a espectáculos, e con Harmonía só a través do teléfono.
    Cando Harmonía cumple os 60 anos León, o seu home, o rapaz que coñeceu cando chegou a Rusia dille para volver ir vivir a Galicia.
    Recomendo este libro a xente que teña ganas de saber como se vivía naqueles tempos, é un libro moi emotivo e tamén moi real. A min encantoume pareceume un libro magnífico e moi fácil de ler.

    ResponderEliminar
  7. Raquel García Santiago 2º Bach - A

    Tristes Armas para min foi un dos libros máis bonitos que lín, tanto en galego como en castelán.
    Conta a historia dos nenos na guerra, concretamente de dúas nenas (Harmonía e Rosa) e un neno (León).
    A primeira parte é moi triste conta como as protagoistas que son irmás, por causa de que os pais estan loitanto no frente teñen que vivir nun orfanato e máis tarde teñen que marchar nun barco a Rusia, donde coñecen a León que non tiña pais.
    Teño que destacar que antes de marchar no barco puidéronse despedir do seu pai, pero non da súa nai que chegara tarde.
    Despois de chegar a Rusia, as nenas mandaron unha carta á nai que nunca lle chegou, aínda que estivo moi preto dela.
    Os Republicanos perderon a Guerra Civil e o pai das nenas morreu. A nai para salvarse marchou a Arxentina onde o pasou moi mal xa que non tiña cartos.
    A nai das nenas intentou por todos os medios que llas devolveran pero non puido ser.
    Mentres en Rusia, Rosa fíxose bailarina, tiña unhas dotas fantásticas para a danza, e entrou na escola de bailaríns máis importante de Rusia.
    Mentres Harmonía e León namoráronse, é quedaron a vivir en Rusia, ela como mestra e él como inxenieiro.
    A nai das nenas puído comunicarse con Harmonía, pero sempre por carta, esta casara cun xefe e mudouse a EEUU.
    Como regalo de aniversario León ,cando xa eran maiores propuxo a toda a familia volver ao pobo de Harmonía que tanto extrañaba, e aceptaron, alí entregáronlle a carta que elas enviaran e que nunca chegara ao seu destino.
    Recomendo esta lectura a todo o mundo xa que realmente merece a pena.

    ResponderEliminar