27/1/12

DIEGO AMEIXEIRAS, Asasinato no Consello Nacional

1 comentario:

  1. En primeiro lugar, debo recomendar o libro porque seguro que vai gustar. Débese dicir que para realizar unha lectura axeitada, deberías estar, antes de nada, un pouco informada sobre a política do país, e os diferentes políticos que a dirixen. É un libro moi á actualidade, e máis, porque nel se narran as diferentes tendencias que xorden co nacionalismo galego; un tema aínda moi problemático na actualidade como vemos no día a día na televisión. As disputas que aparecen na actualidade coa UPG, e o BNG xunto co encontro irmandiño liderado por Manuel Beiras, aparecen xa no libro, aínda que con diferentes nomes aos reis. Así, como os diferentes dirixentes políticos aparecen con nomes diferentes, e dentro dunha trama na que se investiga o asasinato dun membro do partido.
    Durante esta investigación, que levará a cabo un detective ourensán, daránse a coñecer diferentes personaxes que terán algo que ver na resolución do asasinato. Aparecerán dende un antigo falanxista a un actual constructor moi relacionado aínda que non o pareza co finado falanxista, cun irmán que representará, a resolución da historia.
    Anímovos pois a leelo, porque aínda que aparecen abundantes nomes (que nun principio, poden liar a un), acaba gustando e enganchando rápidamente a súa lectura; seguramente froito da encadenación das diferentes historias.

    ResponderEliminar