18/4/11

Manuel Rivas, Un millón de vacas

2 comentarios:

  1. O libro de Manuel Rivas, “Un millón de vacas” é un libro de dezasete relatos curtos, e tamén o título dun deses relatos. O título fai referencia ao millón de historias que podes encontrar no día a día. Historias reais, personaxes próximos e moi diferentes. O personaxe que máis me gustou foi o Roxo, de alcume tamén o Inglés. Este home marchou do seu pobo a Inglaterra e xurou volver rico e fíxoo. Un home con iniciativa, emprendedor nos negocios, e que conseguiu que o seu pobo chegase a ser importante. Aínda que ao final demostrou que todo lle valía para conseguir os seus obxectivos, aínda que non fosen legais e atentasen contra a natureza. Os relatos que tamén me gustaron moito foron: UNHA VISITA AO MERCADO Aquí o autor relátanos unha visita a un mercado dun candidato ás eleccións co seu asesor, falan da maneira en que o candidato ten que comportarse diante das cámaras, de que ten que sorrir aínda que non queira e demais `trucos´ para conseguir o voto. Na miña opinión o autor quere dar un lixeiro toque de crítica a historia, deixando ver o falso que é o protocolo dun político ás veces. CAMPOS DE ALGODÓN O telefonista do Cuartel de Infantería recibe unha chamada dunha muller pedíndolle falar con José, pidelle que lle dean permiso para ir á recollida do algodón xa que o seu home estaba enfermo. Pola outra liña o Coronel quere que lle pase unha chamada á Capitanía de Burgos. O telefonista explícalle que el non pode facer nada, que deixe o recado, que ten que chamar máis tarde, e que lle diga os apelidos de José. Pola outra liña o Coronel insiste con a súa chamada, dille que comunica. A muller suplícalle que non colgue que andara moitos quilómetros para falar por teléfono, e insiste en que deixen ir a José de permiso. O coronel segue insistindo pola outra liña, o telefonista xa se empeza a pór nervioso e, aínda que quere explicarlle a muller, ela segue insistindo no mesmo. O coronel despois dun aqnaco vai onda o telefonista moi enfadado e non ten máis remedio que chamar diante del. O coronel colle a chamada desde alí, e mentres el fala das incidencias na hípica, xa moi contento o telefonista mira como a luz vermella da liña da muller desaparece. É unha crítica a falta de humanidade dalgúns altos cargos que abusan do seu poder e non teñen en conta a xente. OPINIÓN PERSONAL O libro gustoume moito, é moi sinxelo de ler e as historias son historias e personaxes reais. Relatos breves, concisos, con humor e ironía. Utiliza un vocabulario moi sinxelo, e moi achegado ao pobo. Todas as historias teñen un final que te fai pensar.

    RUBÉN CASTRILLÓN SIMIL

    ResponderEliminar
  2. Un millón de vacas", libro por certo que non me desgustou nada, tanto pola fácil lectura dos seus relatos como polos finais que teñen estes, posto que cada final e parecido ao dos demais relatos, pero á súa vez e diferente e dende logo cada vez que acabas de ler un relato dedícaslle un par de minutos de reflexión sobre o final deste mesmo. Quizais o que máis me gustou do libro foron os finais de cada relato, uns máis que outros está claro, pero como xa dixen antes cada un é diferente do outro e a verdade é que me encantou como Manuel Rivas enfocou tan ben estes finais. En canto aos catro últimos capítulos, parecéronme tan interesantes como os demais, aínda que os que máis me gustaron foron o do irlandes no barco e o final do relato no que o pai decide non comprarlle unha arma de xoguete o fillo de curta idade, e cando o día seguinte vai saír da casa, o fillo chámao dende as escaleiras e apuntando cun paraugas di: pum pum tás morto papá. Sen dúbida foi o final que máis me gustou. Penso que é un bo libro de relatos, e sobre todo penso que é fácil de ler e faite reflexionar moito. Recomendo o libro "Un millón de vacas" a todos aqueles que lles gusten os relatos curtos e con impacto ao final.

    Diego Cuevas Ferreira

    ResponderEliminar