22/2/10

Seda

Autor: Alessandro Baricco

21 comentarios:

  1. Seda conta a historia de Hervé Jancuor, un comerciante de seda francés que, trala epidemia que asolaba en toda Europa e en Asia os vermes de seda, vese obrigado a facer unha viaxe a Xapón, pais onde daquela os estranxeiros non son benvidos. Nestes viaxes o protagonista namórase dunha rapaza de rasgos non orientais que esta con Hara Kei, o home que lle vende os ovos de verme a Hervé. Esta rapaza e moi misteriosa xa que non chega a falar en todo o libro, non fala francés, sempre vai con Hara kei e non é oriental.
    Na cuarta viaxe, Xapón atópase sumida nunha guerra civil entre os que apoiaban a apertura da fronteira aos estranxeiros e os que non. Hervé atoparase co pobo de Hara Kei destruído o atopará a este emigrando co seu pobo. Hara Kei ameaza a Hervé a morte se volve.

    Esta Historia é entretida e fácil de ler, pero non se pode evitar a sensación ao final de baleiro, de que falta algo, como por exemplo, saber algo sobre a estraña muller que vivia en Xapón como quen era ou que facía vivindo con Hara Kei, xa que o único que manifestou en toda a obra foi unha nota que lle deu a Hervé, escrita en xaponés.

    Por último, cabe destacar que este final facilita que cada lector poida figurarse na súa mente unha historia distinta sobre esta rapaza.


    Martín Silva Bermúdez 2º BAch. B

    ResponderEliminar
  2. Óscar Garrido Fernández.

    Seda é un libro que recomendaría a calquera persoa.O autor conta esta historia de forma que non dá tempo a que o lector se aburra , xa que transcorre con velocidade.
    É unha historia interesante e apaixonante. Trata dun home chamado Hervé Joncour que dedica ó negocio da seda de vermes. Este home vive en Lavilledieu , un pobo de Francia. Nun principio, Hervé Joncour trae a seda de Turquía , pero unha especie de virus comeza a afectarlle a todos os vermes de Europa. Polo tanto, Herve Joncour, que estaba asociado con Valdaviou , outro dos protagonistas do libro , decide ir a Xapón para importar os vermes desta illa. Nun principio a política desta illa era que ninguén estranxeiro puidsea entrar nela. Isto pouco a pouco vai cambiando. Pese a todo isto, Joncour decide viaxar a Xapón para comprar os vermes. Alí coñece a Hara Kei, persoa importante do pobo no que Joncour recollía os vermes e que os proporcionava a Hervé. Alí Hervé fíxase nunha muller branca e ela fíxase nel.Estes pasan a ter unha especie de relación amorosa , aínda que se viran moi pouco e pese a que Hervé estaba casado. Un día estoupa a guerra en Xapón polo que ir alí faise máis difícil. Joncour decide ir e atópase con que a vila está destruída. Atopa a un neno que o dirixe bosque adentro , alí estaban Hara Kei e a muller branca.Hara Kei dille que non volva e que se esqueza do Xapón , xa que esa non era a súa guerra. Finalmente Joncour recibe unha segunda carta escrita en xaponés , pero descobre que non é da muller branca , senón que é da súa muller , traducida por unha xaponesa.
    A muller de Joncour morre e este, 20 anos despois tamén , levando unha vida infeliz, de tristeza e soidade.

    ResponderEliminar
  3. PATRICIA PEREIRA SANTOS 2ºb BACH


    Como característica definidora do texto diría que é diferente,estraña,nunca lera un libro destas características.
    O libro trata do amor incondicional que sente unha muller polo seu marido ,sen importarlle que este estivese namorado doutra.
    O protagonista,fillo de alcalde,dedicábase o comercio de ovos de seda.
    Como os ovos do seu pobo estragáranse debido a unha plaga, comeza o negocio co Xapón,onde coñece a muller dun importante empresario.
    Este queda prendida dela e cada vez que regresa desexa vela, apesar de estar casado.
    Trala morte da súa muller, descobre que ela lle escribíra unha carta na que se facía pasar pola súa namorada do Xapón. Polo que, aínda que tarde, se deu conta do amor incondicional que sentía a súa muller por el.

    Trátase dun libro sinxelo de ler, debido ó seu vocabulario simple e moi rápido.

    Eu recomendo esta lectura a todo o mundo que estea buscando algo fóra do habitual

    O que non me gustou do libro foi que, en cada viaxe que facía Hervé(o protagonista), cóntase por onde ía.Parece unha parte que se debería omitir.

    En xeral ,non estivo nada mal

    ResponderEliminar
  4. Anxo Cedeira García 2º Bach


    O libro recoméndoo a todos os alumnos e alumnas aos que lles guste a lectura, pero a partir dunha certa idade xa que, na parte final, describe con demasiados detalles a relación sexual entre o protagonista e unha muller occidental sen rasgos occidentais nunha carta que ó final fora escrita pola muller. Persoalmente gustoume o libro, máis que nada pola forma de escribir do autor. Ten un estilo sinxelo pero coidado, sen excesivo uso de recursos literarios. O libro conta as viaxes de Herve Joncour para mercar ovos de vermes de seda en Xapón. Nas viaxes namórase dunha rapaza sen "rasgos occidentais e con cara de rapariga".
    En conclusión, paréceme unha historia que merece a pena ler, incluso para os non afeccionados á lectura debido á súa brevidade e curta extensión.

    ResponderEliminar
  5. TANIA RODRÍGUEZ BRAGA 2º BACHARELATO.


    Por riba de todo, Seda é unha novela moi novidosa. Podería dicirse que é a típica historia de amor e desexo, e non obstante é moito máis ca iso. A descrición que o autor fai das viaxes, dos personaxes e dos sentimentos é realmente interesante e invitan a continuar descubrindo ese mundo que xira en torno aos vermes de seda. Ese é outro aspecto importante. A temática principal, o contexto elixido para relatar eses acontecementos.
    Realizando un comentario máis polo miúdo do desenvolvemento da acción,na miña opinión a historia ten o que eu chamaría un movemento bipolar que aparece representado por lugares e personaxes que se corresponden e que ao mesmo tempo resultan antagónicos. Xapón e Lavilledieu, a misteriosa rapaza que tanto atrae ao protagonista polo cadro de misterio que a envolve e por outra banda a súa muller Hélène que representa a vida tanxible, cotiá, sen complicacións... Hara Kei e Baldabiou.
    Se tivese que quedarme con algo de todo o libro sería coa postura da muller de Hervé Joncour. Esa preocupación continua por el, ese amor infinito e ese desexo de ser ela esa misteriosa muller que case enfeitizou o seu marido, a carta que escribe facéndose pasar por ela...
    Impresionoume o final, foi sen dúbida o que máis me gustou; descubrir que a verdadeira creadora da carta era a propia Hélène.

    ResponderEliminar
  6. Mara Barreira Villasanta 2º BACH

    O libro gustoume moito porque foi moi sinxelo de ler á vez que moi rápido.
    O que máis me sorprendeu, sen dúbida, foi descubrir que as cartas que recibía Hervé Joncour non eran da muller do Xapón que el pensaba,senón da súa propia muller,que como Madame Blanche dicía,a Héléne teríalle gustado ser esa muller que el desexaba tanto.
    Penso que o amor que Héléne sentía por Hervé era tan grande que nin sequera se amosou enfadada en ningún momento co seu marido,ela o único que quería era compracelo.
    O que non entendín moi ben foi cando Baldabieu marcha e Hervé Joncour queda a cargo das empresas, por que llas cede a ese home que tiña tres fillas? comenta que unha delas chamábase Inés, e resulta que se falaba de que Baldabieu marchara a Santa Inés,pero non sei se ten algo que ver.
    O final do libro foi un pouco triste coa morte de Héléne,a vida que leva Hervé Joncour é moi triste,pero como dixen antes,cada vez que lía algo sorprendíame máis que o anterior,sobre todo no final que é onde se sacan todas as conclusións.

    ResponderEliminar
  7. Jennifer Garzón Expósito

    A historia narrada pareceume bastante orixinal e o estilo do autor novidoso. As continuas repeticións, volvendo ao mesmo punto de partida, eran unha técnica que me resultou novidosa.
    En canto a historia de amor entre Hélène e Hérvé Joncour paréceme apaixonante a pesar da infidelidade cometida por el; o respecto e o amor son enigmáticos. Ela, a pesar de sentir que non era tan querida como a xaponesa que non tiña os rasgos orientais, foi capaz de compracer ó seu marido coa carta facéndose pasar pola aquela muller da que se namorara o seu marido.
    A historia dos vermes, a súa busca e a industria era un negocio do que non tiña constancia e parece un traballo dificultoso, aínda que puido manter a unha vila enteira no seu período de esplandor.
    O final da historia foi bastante triste pero a esencia de Hérvé veuse reflectida no detalle de ofrecer traballo cando se sentiu culpábel pola perda dos gusanos, cometeu erros pero a súa dedicación como o interese que amosaba cos paxaros, era entrañable.
    Finalmente recomendaríallo a unha persoa á que lle guste unha historia de amor apaixonante, sinxela a estrutura dos libros e rápida.

    ResponderEliminar
  8. Bernardino Alfonso Rodriguez

    Seda é un libro moi sinxelo de ler , xa que que é moi curto, as descricións dos ambientes nos que se desenvolve a acción é tan detallada que, ás veces, semella que podes tocar o que están describindo. É un libro de amor.
    Hervé Joncour era un soldado francés que por unha proposta de Baldaviou comezou a vender vermes de seda.
    Comezou indo ás costas africanas, pero debido a unha epidemia, tivo que ir a Xapón.
    Hara Key esperábao rodeado de vasalos e cunha muller nas súas pernas.
    Hervé Joncour fixo 4 viaxes a Xapón xa que quedou prendado dunha moza non oriental.
    Esta deulle unha carta mentres se bañaba e el levouna a traducir a madame Blanch, que era unha xaponesa que tiña un burdel,a carta poñía "regresade ou morrerei.
    Finalmente a muller de Herve Joncour (Helene)morre e, cando recibe unha segunda carta da moza non oriental, vai de novo a xunto de madame Blanche e esta dille que a súa muller xa fora a xunto dela antes de morrer para traducir a carta.

    ResponderEliminar
  9. Patricia Pérez Fernández. 2º BACH

    A miña valoración para este libro non é moi positiva, posto que non conseguín atopar onde estaba o bonito da historia, se o había. Pareceume un libro un pouco repetitivo, posto que cada vez que Hervé viaxaba a Xapón contaba como fixera a viaxe e a ruta era practicamente igual en todas as ocasións, como moito cambiaba no final, na forma de chegar á illa e isto facíase pesado. Inda así paréceme que con isto o autor pretendía transmitir unha mensaxe, o lonxe que se atopaba Xapón con respecto a Francia no século XIX pola escaseza de medios de transporte nesta época.

    En canto á historia, paréceme innovadora, pois é diferente das que tiña lido ata o momento pero a pesares de ser unha novidade non me gustou. Na miña opinión caben moitas interpretacións sobre ela e, polo tanto, considéroa un pouco complexa. É un pouco difícil entender o relacionado coa rapaza da que el se namorou, que acompañaba sempre a Hara Kei, pois descoloca un pouco que unha das veces que Henre viu a Hara Kei este estaba acompañado só por un vestido laranxa que adoiaba vestir a muller, pero ela non estaba, ademais de que tamén fai complexa a súa existencia a afirmación dun home de que non hai ninguna muller europea en Xapón.

    Sen embargo o que si me gusto da historia foi a demostración de como unha muller coñece ó seu marido, Helene foi perfectamente capaz de saber que el estaba namorado dunha muller a que vira en Xapón e de escribirlle aquela carta, que inda que contaba os seus propios desexos, faríao feliz a el, ainda que isto puidese ser exclusivamente algo que a separara a ela del ó facer crecer o sentimento cara a outra. Por iso, a miña interpretación con respeto a que ela chorase tanto cando " o manco gañou" e Baldabiou tivo que abandonar a cidade, era porque sabía que as viaxes de Henre a Xapón rematarían e desta maneira tamén a felicidade do marido.

    Por todo isto, en conclusión, este libro non me gustou nin tampouco estou segura de que o que eu entendín que transmitía sexa a verdadeira mensaxe de libro.

    ResponderEliminar
  10. Alejandro González Giráldez

    Penso que o escritor ten unha forma moi boa de expresarse xa que con poucas palabras pode facernos ver o que el quere, aínda que ás veces sexa un pouco repetitivo, como por exemplo cando nos conta de que xeito o protagonista realiza a viaxe (sempre é o mesmo).
    Parece moi interesante o tempo no que está ambientado a historia e ademais a comparación indirecta que fai do estilo de vida , sobre todo das mulleres, en Europa e en China.
    Pareceume moi tráxico o momento no que aforcan ao neno, xa que el non tiña culpa de nada e só era un mandado. Tamén me pareceu moi peculiar cando a súa muller Helene se deu conta de que o seu marido se namorara doutra e fixo esa carta tan peculiar para recuperalo

    ResponderEliminar
  11. Angela Fernández Domínguez 2º BACH


    ó meu parecer este libro é recomendable para aqueles ós que lles gusten aqueles libros de lectura rápida.
    En xeral, gustoume, pero á hora de ler fíxoseme un pouco repetitivo, xa que todas as viaxes feitas por Hervé, o protagonista, descríbeas sempre da mesma maneira.
    esta é unha historia de amor, pero non a historia que se ve dende fóra, isto é, durante todo o relato imaxinamos que Hervé quere ir a xapón por só un motivo, e non só en busca de seda como pensan todos( onde vai buscar seda xa que hai unha gran epidemia coa que os ovos non serven, e por iso vai a Xapón buscalos, en expedicións), senón tras unha muller da que está namorado, e soamente desexa escoitar a súa voz.
    Finalmente, resulta ser unha historia de amor pero non con esa rapaza, senón a da súa muller, que morrería porque o seu marido a amara como ama a esa muller a ela mesma, por iso lle envía notas e cartas facendo que é a rapaza, cando en realidade é ela.
    El ó decatarse, despois de morrer a súa muller, séntese totalmente desgraciado, pechado na súa casa, contando historias das súas viaxes a Xapón, e cando se sente só vai visitar a tumba da súa muller coa que pasa horas falando.
    Penso que é un libro moi fácil e rápido de ler, recomendaríao por iso, aínda que non sexa unha historia cun final feliz.

    ResponderEliminar
  12. Carla Sotelo Ulbeira

    Persoalmente considero que este libro é moi agradable de ler.
    Gústame a historia que conta , pero xa non moito como a conte , xa que considero que lle podería haber quitado moito máis partido ó libro.
    A parte que máis me gustou foi sen dúbida a historia de amor entre o personaxe principal e a rapaza nova que non tiña rasgos orientais.
    O que menos me gustou do libro foi a brevidade do autor , posto que se centrou máis en aspectos como a ruta que realizaba o protagonista dende Francia A Asia , deixando un poco de lado a verdadeira historia.
    considero que este libro ten unha gran carga de sentimentalismo , e iso móstrase principalmente na hora de describir a relación do Joncour coa súa muller Héléne , a cal morre no final do libro.
    Para rematar , teño que dicir que eu este libro recoméndoo para todos aqueles lectores que non teñan moitas preferenzas a hora de ler algo , posto que toca diversos temas.
    É unha lectura moi fácil e rápida , que intriga , e iso é moi importante xa que engancha ós lectores

    ResponderEliminar
  13. Cristina Fernández Santodomingo

    Seda é un libro moi sinxelo de ler, pero cunha profundidade notable. O protagonista da novela, Herve Joncour, compra e vende vermes de seda, e coas súas viaxes a Xapón descobre un amor novo, traicionando mentalmente á súa esposa. Unha gran historia de amor ata o final, cando a súa muller lle demostra por unha carta escrita en xaponés que o amor dela era moito maior que o del. A linguaxe que utiliza o autor é moi precisa, describindo todo o que pasa con exactitude, e utilizando metáforas de fácil comprensión. Recoméndolle o libro a todo o mundo xa que é unha historia orixinal,que esconde o real significado do sentimento amoroso.

    ResponderEliminar
  14. Abraham Martínez Santos

    Libro moi interesante debido ao seu argumento. É un relato que presenta a historia dunha persoa que cambia a súa vida por completo, para dedicarse ao negocio de venda de seda.
    Relata moi ben as crenzas xaponesas xa que son mais precavidos e reservados.
    E moi entretido polo seu argumento e o misterio que provocan as cartas e a estraña muller que acompaña o xaponés.
    A historia de amor parece que é diferente ata que todo se descobre o final.
    A personaxe sofre porque ve que pode acabar arruinado e mesmo arrisca a vida o ir dende Francia ata Xapón sen coñecer a ninguén nin o idioma.
    E un libro recomendado debido á súa interesante e entretida historia que fai que te manteñas todo o relato pendente dela.
    O autor emprega unha linguaxe sinxela e de fácil comprensión para que sexa apto para todos.

    ResponderEliminar
  15. Natalia Estévez Benítez 2º Bach

    Seda non podía ter un nome máis apropiado, é un libro delicado, suave, que fai que todos os nosos sentidos queden satisfeitos. Conta unha historia fermosa, sobre a loita polo amor e pola paixón, aquilo que é capaz de facer un home, Hervé Jancuor, por ese sentimento, como cruzar un continente(dende Francia ata Xapón) e chegar a un país, antes prohibido e despois en guerra. Pareceume un libro sinxelo de ler e que engancha ao lector dende a primeira páxina. Sobre todo gustoume a forma de narrar a historia, mediante capítulos breves e sintaxe sinxela. Pareceume unha maravilla o modo de describir a todas as personaxes, sobre todo á muller de Hervé, que aínda que non podiamos escoitar a súa voz, sabiamos que era coma a voz dun anxo que guiaba ao seu marido na viaxe (que sempre se repetía) e o facía voltar esperándoo para ir á misa. Creo que é un libro maravilloso, cunha historia complexa sobre o amor e o que significa para cada persoa, por exemplo para a muller xaponesa significaba liberdade (como demostraba a través dos páxaros), para Hervé significaba valentía, ao igual que para a súa muller. Quero destacar sobre todo a variedade de personaxes e a complexidade de todos. Tratáse dunha historia de amor e valentía, cun final sorprendente e que lle dá á historia ese toque de amor verdadeiro.
    Sinceramente, pareceume un libro que merece a pena ler e sentir, "seda", un gusto para tódolos sentidos.

    ResponderEliminar
  16. Francisco Guillermo Durán Alonso 2º Bach

    É un libro moi interesante que narra a historia dun home que se dedica a viaxar por todo o mundo en busca dos valiosos vermes de seda. Para isto non dubida en viaxar ata Xapón e comerciar de maneira ilegal para conseguer que o seu pobo recupere a súa principal actividade económica. En Xapón coñece a hara Kei, un nobre do pobo ó que chega Joncour para comerciar por vermes sans de epidemias.
    Neste mesmo lugar, Joncour tamén se atopa cunha muller branca, algo que era moi pouco común no Xapón da época. esta muller misteriosa non menciona nunca o seu nome nin de onde é. Joncour nunca soubo quen era esa rapaza. Despois de varias visitas a situación en Xapón comeza a guerra e a situación complícase. O protagonista sofre vendo como cambian as cousas e mentres na súa casa a súa muller agarda a que volva san.
    E unha historia de amor moi interesante, que resulta moi emocionante de ler e recomendo que todo o mundo o lea para que descubra o seu emocionante final.
    O autor emprega unha lingua sinxela e apropiada para que todo o mundo o poida entender

    ResponderEliminar
  17. Elisa Domínguez Suárez 2ºA BACH

    En xeral o libro pareceume entretido e rápido de
    ler.Aínda que nalgunhas partes faise un pouco aburrido, como nas que conta as viaxes de Hervé a Xapón,para comprar vermes de seda, xa que son practicamente iguais.

    Gustoume como reflicte que Helene coñece perfectamente o seu marido,ata o punto de saber que estaba namorado doutra muller que coñeceu en Xapón.
    O final é bastante triste xa que Helene morre e
    entón Herve dáse conta do só que se encontra sen ela.

    Recoméndolle este libro a todo o mundo, xa que é unha historia moi orixinal e contada dunha forma novidosa.E o autor utiliza unha lingua sinxela polo que resulta fácil ler o libro

    ResponderEliminar
  18. Álvaro Bautista Otero 2º Bach

    ¨Seda¨ de Alessandro Baricco é unha obra recomendable para calquera persoa que, relaxada na súa casa, queira transportarse ó sofisticado Xapón viaxando dende a Toscana Francesas pasando por Europa e Asia.

    Unha narración sinxela parecida a que podería facer un contancontos infantil ( obviando a carta enviada supostamente pola muller de Hara Key a Hervé Joncour)que mostra de forma maxistral e sintetizada incluso o aroma mediterráneo da vila de Herve Joncour.

    O trama amoroso brilla en toda a obra en dúas ramas: por unha parte o desexo platónico de Herve pola muller do cacique xaponés dono dos mellores ovos de gusanos de seda do mundo e, por outra banda, a relación coa sua propia muller que tanto sofre polo seu amado, o saber (intuitivamente), que o seu marido ten outras ¨inquedanzas¨ que o levan a cruzar medio mundo so por ver á sua amada.

    A calidade da prosa é latente en todo o libro prestando verdadeira atención á sinxeleza coa que asombrosamente describe os lugares e actitudes dos personaxes.

    Un libro que lle recomendaría a calquera persoa que lle guste o lecer e o clima mediterráneo, perfecto para as vacacións de Verán

    ResponderEliminar
  19. Álvaro Bautista Otero 2º Bach

    ¨Seda¨ de Alessandro Baricco é unha obra recomendable para calquera persoa que, relaxada na súa casa, queira transportarse ó sofisticado Xapón viaxando dende a Toscana Francesas pasando por Europa e Asia.

    Unha narración sinxela parecida a que podería facer un contancontos infantil ( obviando a carta enviada supostamente pola muller de Hara Key a Hervé Joncour)que mostra de forma maxistral e sintetizada incluso o aroma mediterráneo da vila de Herve Joncour.

    O trama amoroso brilla en toda a obra en dúas ramas: por unha parte o desexo platónico de Herve pola muller do cacique xaponés dono dos mellores ovos de gusanos de seda do mundo e, por outra banda, a relación coa sua propia muller que tanto sofre polo seu amado, o saber (intuitivamente), que o seu marido ten outras ¨inquedanzas¨ que o levan a cruzar medio mundo so por ver á sua amada.

    A calidade da prosa é latente en todo o libro prestando verdadeira atención á sinxeleza coa que asombrosamente describe os lugares e actitudes dos personaxes.

    Un libro que lle recomendaría a calquera persoa que lle guste o lecer e o clima mediterráneo, perfecto para as vacacións de Verán

    ResponderEliminar
  20. Débora Cruz

    Seda pareceume un libro moi entretido que recomendaría a todo o mundo.
    Conta a historia dun comerciante de seda chamado Herve, que iníciase neste mundo grazas a un home que chegou o seu pobo(vivia en Francia) chamado Baldeviou.
    Xeralemente soia ir procurar a mercancía a África, pero a causa dunha enfermidade que afectou os vermes tivo que cambiar de destino e marchar cara Xapón todas as temporadas en busca da mercancía para todos os comerciantes da súa zona, que se adicaban o mesmo.
    Ali coñeceu a unha muller, que pouco a pouco foille gustando máis,e xa cando levaba unhas cantas viaxes mantiveron unha relación.
    Finalmente o libro remata ca morte da súa muller Helene e a despedida de Baldaviou, que decide abandoar o pobo.
    O único que non me gustou demasiado da obra foi que en cada viaxe descríbese o traxecto de ida e de volta cara Xapón,minuciosamente cas mesmas palabras, e isto facíase un pouco repetitivo.
    É un libro que dende o primeiro momento mantén o suspense e chámate a lelo para saber como remata.
    Ademais e curtiño e lese en moi pouco tempo.
    O recomendo a todo o mundo que lle guste a lectura e queira pasar un rato entretido

    ResponderEliminar
  21. Blach Maciel, Ricardo 2º Bach

    O libro Seda pareceume moi entretido e moi sinxelo de ler. Sen embargo, un pouco repetitivo debido a que Hervé tivo que facer varias viaxes ao Xapón e moitas das páxinas sempre dicían o mesmo, xa que todo era igual. O seu argumento é moi bo e mantén ao lector con intriga ata o final. O protagonista traballa duramente por conseguir os vermes de seda en Xapón e é moi xeneroso pola súa parte ir só, durante 3 meses de ida e outros 3 de volta para axudar aos seus compañeiros a sacar a vida adiante. Un punto moi importante da obra é a súa muller, que o apoia en todo o que pode para que o seu marido poda vivir o mellor que pode nos meses que está na casa.O mellor do libro sen dúbida, foi o amor que a esposa lle tiña que incluso recurriu a unha muller xaponesa para que a axudase a traducir na lingua xaponesa unha carta para o seu marido. Hervé cando descobre a carta, pensa que é da moza da Xapón , que tan fastinado o tiña pero resultou que era da súa muller, algo que sorprendeu o propio protagonista.
    No libro ademais, amosase moi ben a virtude que ten Hervé como un home moi adicado o seu traballo e moi responsable coa súa vida e coa xente que ten ao seu redor, incluso poñendo a súa vida en perigo o facer unha viaxe tan longa por ir mercar vermes de seda que en no norte de África xa non se podían mercar por mor da peste que afectou ao mundo no século XIX.
    En resumo, o libro merece a pena lelo
    e animo a todos a que non desaproveiten a oportunidade

    ResponderEliminar