29/10/09

Obra completa de Castelao

Autor: Castelao

1 comentario:

  1. Ángel Vidal Vidal

    O libro que escollín para ler foi Os vellos non deben de namoranse de Alfonso Rodríguez Castelao. É unha obra cómica, ben estruturada cunha elevada carga simbólica e de temática intrigante que malia ter unha estrutura semellante estruturada en tres lances cun tema en común, un vello namórase dunha moza e hai un mozo que compite polo seu amor e sábese como rematan sempre pois, en ningún momento se fixo pesada de ler.O autor emprega numerosas acotacións que fan que o texto dramático posúa unha enorme riqueza expresiva xa que eses matices coma que os protagonistas leven máscara, os ambientes coma no lance segundo a sobriedade da botica ou a ventá coas mulleres que choran cando ven o cadaleito do vello non se conseguirían sen esas minuciosas anotacións. Por outro lado emprega unha estrutura novidosa xa que, ao rematar, aparece unha especie de coloquio onde os vellos aparecen reunidos, valorando as causas do seu fin. Por outra banda o autor presenta a obra ao comezo e analiza as causas tratadas, é unha forma nunca vista antes. Pareceume un moi bo libro, entretido e facilmente representable. Lese moi rápido e apenas ten vocabulario que presente dificultades. Faite pasar un bo momento e mesmo certos episodios quitando a tensión existente por exemplo cando aparece a morte coma personaxe pois é bastante cómica.

    Castelao, Os vellos non deben de namorarse 24/02/11

    ResponderEliminar