16/4/09

Home sen nome

Autor: Suso de Toro

1 comentario:

  1. Mónica Portela Táboas 2ºB
    O libro de Home se nome a pesar de que encerra unha historia interesante na miña opinión é demasiado denso.
    O libro presenta unha historia que acontece nun hospital onde dous pacientes que se atopan na mesma habitación establecen unha conversa na que se descobre o pasado dun dos dous, o máis vello.Así este acaba confesando que a súa vida estivo marcada polo crime na guerra e non amosa unha postura de arrepentimento polos seus actos.
    Finalmente descubrirase algo importante que relaciona ós dous pacientes e que a súa coincidencia neste hospital non é casual, que todo foi feito á mantenta para que o enfermo que xa agonía confese os seus pecados e así poida morrer en paz.Isto está reforzado pola presencia dunha moza que investiga sobre o pasado histórico das Marías, e que vai ser o elemento pricipal para que se logre esta confesión.
    Se ben, as partes máis complexas de ler son as que fan referencia ó pasado do noso protanista, que se contan a través de esvaídos do enfermo, que da saltos temporais na súa memoria, sobre todo os que se fan ó final da lectura cando conta feitos relacionados coas distintas guerras. Os saltos que fan referencia á súa infancia son bastante máis entretidos.
    En xeral pódese dicir que a historia é entretida pero que nalgúns casos hai que ter paciencia no proceso de lectura posto que é bastante pesado de ler.

    ResponderEliminar