1/3/09

Ao pé do magnolio

Autora:Fina Casalderrey

1 comentario:

  1. Aida Valverde Cabaleiro 2ºB BACH

    O libro "Ao pé do magnolio" gustoume xa que é un libro entretido e bastante sinxelo de ler, aínda que require o seu tempo.
    O tema central é o amor entre ámbolos protagonistas, Paco e Laura, que nunca chegaron a ser noivos, xa que elixiron cada un coller diferentes camiños na súa vida xunto con outras parellas. Só tiveron unha noite apaixonada nun hórreo, e despois ela marchou do pobo, deixando alí toda a súa familia e vida, e non volverá ata pasados polo menos uns 20 anos para plantar un magnolio na que fora a casa do seus pais e onde agora vivía Paco coa súa familia.
    Todo o libro cóntao Paco en primeira persoa, contando toda a súa vida e a de Laura desde a súa infancia desde outro punto de vista diferente ó que contara Laura, e relátaa baixo o magnolio que Laura plantara e a unha muller que ten a intención de escribir un libro sobre toda a historia entre eles.
    O libro abrangue moitos temas como a vida, a morte, o amor , e sobre todo o desamor.
    Unha das cousas que máis me gustou é a forma de empezar cada capítulo; é dicir, as reflexións que fai Laura cotando a súa historia ó comezo.
    Recomendo a calquera que lle guste ler o libro e que lle gusten as historias de amor.

    ResponderEliminar