26/1/12

NEIRA VILAS, Memorias dun neno labrego

3 comentarios:

  1. javier vidal gonzalez
    o libro pareceume moi interesante.Creo que tivo que reflectir moi ben a sociedade galega de principios do século XX. Porque fala de temas como a emigración a América, o mundo do campesiñado, a brutal relación co señor e en definitiva a vida dun neno labrego,Balbino, que ben puido ser calquer outro neno deste periodo.
    Agora entendo porque este libro tivo tanto exito editorial nos anos 50 e 60.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8/5/12 11:17

    Yago Vicente González:

    A obra de Neira Vilas Memorias dun neno labrego é unha obra que mostra a pobreza en toda regra. O protagonista é Balbino, unha rapaz dunha familia pobre que traballa as terras dun sñor rico do pobo, o pai de Manolito.

    Balbino non entende porque os pobres teñen que seguirlle sempre o xogo aos ricos, que sempre son os que gañan.

    Ademais da pobreza, o libro tamén trata outros temas. Por unha parte, os amigos. Balbino deuse conta de que non tiña un amigo de verdade, ata que un día, un rapaz chamado Lelo lle salvou a vida no río. A partir de ahí fixéronse amigos.

    Por outra parte tamen trata o tena do amor, como o que sinte Balbino pola súa profesora Eladia.

    En conclusión, creo que é unha obra recomendable, das grandes da literatura galega, que te pon na pel dun rapaz que vive a pobreza nas súas carnes.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo8/5/12 11:26

    Pablo Martínez Carbó
    O libro "Memorias dun neno labrego" conta a historia dun neno chamado Balbino. Está narrado en primeira persoa e en cada capítulo conta diferentes situacións que lle ocorren.
    Ó principio comenta a súa vida cotía: a que hora esperta para ir ó monte co gando, como fai para ir á escola ó chegar do monte (na escola é un dos mellores).
    Ademáis narra momentos tráxicos que vive como a morte do tío ou tamén a morte do seu can e algúns non tan tráxicos pero si tristes como a marcha do seu irmán para traballar en América.
    Cando é un pouco máis vello, vai traballar na casa dunha familia.
    Un día salva a un neno cando estaba a piques de afogar nun río e fanse os mellores amigos. Este neno é Lelo, co que se manterá en contacto mediante cartas cando este marche a América.

    Recomendo este libro porque é fácil de ler, para pasar unha tarde lendo e a historia que conta e moi interesante e pode estar basado perfectamente na realidade de non fai moito tempo.

    ResponderEliminar