27/1/12

MURADO, Ruído

3 comentarios:

  1. MÉRCORES DE CINZA, Miguel Anxo Murado

    O libro de relatos, "Mércores de cinza", é un deses libros que se introducen en diferentes momentos da vida, nas diferentes experiencias humanas, adoptando un tono melancólico e gris que entristece e contaxia dunha especie de sentimento incómodo, que fai plantexar moitos momentos da vida. Neste libro podes atoparte con amores, conflitos, prantos, o respecto, a incomunicación, a dor e demais situacións da vida humana, situacións que moitas veces semellan intrascendentes. Malia todo, non posúe unha gran carga estilística, senón que en moitos momentos semella adoptar unha postura fría ante os diferentes conflitos.

    Cabe destacar o relato "Nese país distante", que narra a historia dunha familia norteamericana, na que a muller é descendente de emigrantes galegos, e cando chega o momento no que ten que coidar dos seus avós aos que pouco coñecía, dáse conta de que non pode comunicarse con eles, ao non falar a mesma lingua. Mais na hora na que estes falecen , toda a familia sinte unha profunda pesadumbre, ao ser conscientes de que non virán máis aqueles rostros campesiños e calados, que semellaban aturdidos nun mundo moi diferente ao seu, o cal indica ese amor que se sinte cara persoas que quizáis non coñezas en profundidade xamais, mais que, inexplicablemente marcan a túa vida e coas que, ao igual que o pequeno neno autista da familia, podes manter unha relación calada, distante, mais especial.

    Jacobo González, 2º BACH.- B

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8/5/12 11:25

    Javier Vidal Gonzalez
    Este libro relata varias historias e pequenas anécdotas da guerra de Iugoslavia.
    Parte sempre dunha anécdota real que serve de inspiración para o que se vai contar despois.
    Son relatos sanguentos que xeralmente acaban coa morte do protagonista.Como por exemplo o dos xitanos que recollen chatarra ou o periodista que é fusilado nunha rua.
    Chamoume especialmente a atención o relato do periodista que dende o hotel no que vive consegue descubrir a un francotirador que vivia e atormentaba esa mesma rua.Claro que cando o descubre xa non serve para nada, pois xa ten una bala no fronte.
    Recomendo este libro a todos aqueles que queiran pasar un anaco absortos na lectura. Pois os relatos engánchate rapidamente e serven para facerse unha idea do que poido ser a guerra de Iogoslavia.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo8/5/12 11:34

    Pablo Martínez Carbó
    O libro "Ruído" son un conxunto de historias indeendentes entre si pero cun tema en común, a guerra na antiga Iugoslavia.
    Os fregmentos aparecen divididos en dúas partes: unha moi corta na que aparece un diálogo entre dúas o varias persoas comentando estratexias da guerra e despois o relato, máis extenso. Neste último cóntase unha historia de principio a fin e que sempre acaba da mesma maneira, cunha ou varias mortes. Os personaxes que protagonizan estas mortes son de todas as profesións: militares, xornalistas, persoas que traballan nun hotel, etc.
    O que máis me chamou a atención ademáis dos fragmentos do inicio foi que nunca se daban nomes, os personaxes eran chamados pola letra inicial do seu nome.

    Recomendo este libro porque dunha maneira entretida apréndes sobre situacións reais que acontecderon nunha guerra tan terrible.

    ResponderEliminar