25/10/11

CARLOS CASARES, O sol do verán

2 comentarios:

  1. Sandra Rodriguez Blach

    Este libro de Carlos Casares,relata a historia de amor entre Helena e Carlos.
    Este suicídase e posteriormente na mente de Helena empezan a brotar recordos da súa niñez, adolescencia e madurez compartidas con él.
    Pero o final é aberto sen deixar moi claro as causas do seu suícido pero deixa entrever que a causa é que estaba namorado da súa irmá, xa que a nai de Helena e o pai de Carlos, de xóvenes, eran mozos.
    Recomendo este libro porque é unha historia que cautiva. De fácil lectura acércanos os sentimentos de Helena e os seus recordos fugaces que vai recordando de camiño a casa de verán, onde pasou moitos momentos felices con Carlos.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8/5/12 11:17

    Jacobo González López 2º BACH.- B

    O libro Xoguetes para un tempo prohibido de Carlos Casares é difícil de comentar debido ao especial da súa técnica narrativa. Este libro é o primeiro publicado polo autor. Non presenta unha división en capítulos, senón con separacións espaciais.

    Comeza o libro cunha escena nunha igrexa un tanto complexa lingüísticamente, polo que é moi difícil coller o fío da lectura ou mesmo non perdelo. Ao longo do libro preséntanse diferentes vivencias de dun grupo de amigos. Realmente, o narrador é un deles, que lle fala ao outro, Elías. Case ao final do libro, cando parece que o narrador fala sobre as súas vidas de estudantes, semella que a historia cambia e perde sentido. Incluso dun momento para outro aparecen novas personaxes como Lita.

    Non é sinxelo facer un comentario específico sobre algunha personaxe debido á complexidade da narración. Respeto a algunha escena interesante, destacar na que Elías fire nun ollo a unha rapaza pola que parecía sentir un amor platónico.

    Como conclusión, non é un libro que me gustara especialmente, como outros de Carlos Casares moito máis interesantes: Vento ferido ou O sol do verán.

    ResponderEliminar