25/10/11

MANUEL RIVAS, Todo é silencio

3 comentarios:

  1. ``Todo é silencio´´ é un libro con moita trama, o comezo da novela non entendía porque mesturaba tantas situacións, tal vez para poñernos en contexto o máis rápido posible. Gustábame moito canda vez que os nenos ,que serán os verdadeiros protagonistas da novela, quedaban para xogar e ían á aventura. Marabilloume a creatividade de Manuel Rivas de crear unha vila como Brétema ,unha vila mariñeira ,na que a maioría dos pais dos nenos desa vila gañaban o seu soldo saíndo a faenar. Lugares desa vila fantásticos e moi importantes o longo da historia como a escola dos Indianos e a taberna de Ultramar. Unha vila marcada polo contrabando que levantara moitas dores de cabeza,pero que consegue que a xente “traballe aínda que sexa con drogas”. O personaxe para min máis fantástico da novela é Leda unha muller de armas tomar,todos os mozos estaban toliños por ela, domina a novela. Acompañada dos outros personaxes principais que son Brinco e Fins. Para a lectura deste libro que recomendo que todo o mundo lea so teñen que imaxinar todo o que están a ler, así entenderan desde o comezo a trama da historia .Aínda que o máis emocionante é o final da novela, onde aparece máis marcado o papel de Leda.

    Macarena Silva Leyenda 2ºBach A

    ResponderEliminar
  2. É un libro que te achega ao litoral, que te fai sentir o frescor mariño na cara, así son as sensacións que provoca. Todo isto conségueo grazas á situación física da historia, a costa , e ao amplo e enriquecedor vocabulario referido a ela e aos traballos que se desempeñan alí. Así, no pobo pesqueiro, Brétema, os protagonistas viven a súa vida en paz. Mentres que Brinco, Fins e Leda,tres rapaces moi amigos, se dedican a recoller o que o mar trae á praia, o Mariscal e os seus compañeiros dedícanse ao contrabando. Unha serie de sucesos fan que os rapaces maduren e que cada un escolla o camiño que quere vivir. En consecuencia, Fins convértese nun policía dedicado a vixiar os movementos dos “delincuentes” do mar. Polo contrario, Brinco e Leda, emparellados, convértense nos colaboradores de Mariscal, o contrabandista. Así pois, os amigos verán a vida nos dous polos opostos e os seus camiños inevitablemente terán que cruzarse, provocando un final sorprendente no que non todos sobreviven

    Eva Vernet Leyenda

    ResponderEliminar
  3. It took me time to read all the tips, but I clearly loved the post.
    It proved to be very helpful to me and I’m certain to all of the commenters here!

    Thanks
    http://www.gurgaonresidential.com

    ResponderEliminar