11/5/10

A esmorga

Autor: Blanco Amor

3 comentarios:

  1. Anónimo2/2/09 09:08

    Pareceume un libro moi interesante xa que gústoume ver como se poden chegar a torcerse todas as cousas nunha noite de troula.
    É moi interesante, recorren un milleiro de sitios abarcando toda a cidade sempre na procura do que querían, comida ,viño e estar a gusto.
    Os protagonistas pasarono ben, aunque sin duda sin pensar as consecuencias.

    Recomendo a xente a que o lea porque pareceume realmente interesante.

    MARCO FERRETE FERREIRA (2ºB Bachareleto)

    ResponderEliminar
  2. Xeila Raposo Rodríguez

    A esmorga é unha novela moi entretida e distinta a tódalas demais que lin. Posto que se trata dun testemuño do protagonista, Cibrán, que narra os acontecementos que o levaron ata aí, e como sucedeu todo. O que máis me gustou, foi que dunha troula cos amigos, onde só reina a diversión, acaba sendo un dos peores pesadelos. Cibrán, está a voltas co seu " pensamento " durante toda a novela, e aínda que no queira facer as falcatruadas, polos seus amigos , e por non querer que lle chamen cagán, acompañaos a tódalas súas loucuras, que finalmente van desencadear nunha traxedia. Chamáronme moito a atención os alcumes dos seus amigos, O Bocas e o MIlhomes, que ás veces queríanse ben e outras andaban a pelexar. Recomendo ler este libro, posto que a pesar de que está escrito en galego non estándar, enténdese perfectamente e non ten maior complicación, ademais é moi divertido, e ademais é moi fácil de lelo, non che ocupa tempo ningún.

    ResponderEliminar
  3. É un libro bastante entretido sobre todo polas numerosas aventuras que lles suceden ós protagonistas, estando todo o día de troula, escapando da policía e meténdose en líos aínda que como vemos todo iso chega a ter as súas consecuencias. O relato é narrado dende a base dun interrogatorio, do que aínda que non se ven os diálogos podemos intuílos mediante as respostas. Finalmente os tres personaxes principais morren debido a diversas causas, é a de Cibrán é unha morte da que non se teñen nin tipo de datos ou referencias. Recomendo este libro a calquera que queira ler unha obra en galego xa que é un clásico e como xa dixen e bastante entretido, aínda que ten algunhas palabras algo difíciles de comprender, pero compénsase coa súa brevidade.

    Brian González Valverde

    ResponderEliminar