10/5/10

O sol do verán

Autor: Carlos Casares

1 comentario:

  1.   Mara Barreira Villasanta


    O libro o Sol do Verán recoméndollo a todo o mundo, foi sen dúbida o que máis me gustou de todos os que lin, comeza polo final podería dicirse, o suicidio de Carlos, o que pasa é que hai que ler as historia que conta para intentar comprender o por que da súa actitude.
    Helena e Carlos eran amigos da infancia,pasaban todos os veráns en Beiro,uns veráns recordados con moita felicidade polos dous.
    É unha historia de amor que non se aclara ata o final xa que eles dous nunca estiveron xuntos ata a noite en que Carlos se suicidou.
    Creo que non podería escoller algo que me gustase máis porque todo lo libro en xeral estivo ben, pero se tivese que escoller algo collería se dubidalo o último día no que están os dous xuntos,por fin están felices e séntense ben pero esa felicidade durou pouco sobre todo para Helena, que está moi afectada porque non entende o que lle puido pasar pola cabeza.
    Tamén me gustou moito o trato que tiña Carlos con ela,chamáballe periquita e nunca tiña palabras malas que dicirlle, sempre estaba pendente dela e cada cousa que non entendía el explicáballa.
    As historias de Anselmo,o criado eran moi divertidas tamén aínda que sempre estaba tía Mercedes no medio para fastidialas porque dicían que estaban chea de fantasías para ós nenos.
    Deume moita pena o final, gustaríame que rematase doutra maneira,tamén me chamou a atención a relación que houbera entre Leopoldo e Carmela, dúas persoas que a pesar e levar agora vidas separadas seguro que aínda seguían sentindo cousas moi fortes o un polo outro.
    A historia transmíteme que Beiro era un sitio fermoso onde tanto Helena e Carlos como os seus pais viviron momentos moi especiais.

    ResponderEliminar