10/2/11

A piragua, Cándido Pazo

2 comentarios:

  1. Marta Samoelle Nieto

    Eu recomendaría a toda clase de lector este libro porque ten unha temática moi interesante, ó tratar un tema tan de actualidade como a violencia de xénero.
    Eu destacaría positivamente o papel de Lucía, que amosa unha independencia total da súa parella e desenvolve a súa vida como ela quere, cun traballo (que aínda que non lle proporciona moita estabilidade económica) é o que lle gusta, así como a súa decisión e en xeral a súa personalidade.
    Negativamente, destaco a personalidade de Delio, que, ademais de protagonizar a peor escena da obra, amosa o seu carácter violento a todas horas na mesma. O seu control sobre a vida da súa muller fai desta unha muller infeliz que non pode facer nada do que quere, sometida ó seu home, sen autonomía, un exemplo claro, é que Rosa non pode traballar porque o seu marido non quere.

    Parece unha obra un pouco difícil para representar, porque se desenvolve en períodos temporais diferentes, e con moitos saltos durante toda a obra.
    Por outra banda, son moi poucos personaxes e iso facilitaría a súa representación.

    En xeral, obra interesante polo seu argumento, con final infeliz. Dende o meu punto de vista, a súa lectura é positiva ó facerte reflexionar sobre este problema social que debe desaparecer.

    ResponderEliminar
  2. Andrea Marcote Carneiro
    Eu recomendaría o libro de A piragua porque fala dun tema importante, que é a violencia de xénero. O libro é narrado en dous tempos diferentes, na actualidade, e nun tempo atrás, onde ocorren os sucesos máis importantes. Na actualidade, Lucía e dous rapaces, Suso e Brandán queren facer unha obra de teatro no que se represente a violencia de xénero, e toman como exemplo un caso que sucedeu un ano e medio antes. Delio e Rosa son unha parella que levan máis de vinte anos casados, pero agora Delio é máis dominante que antes con Rosa, non lle permite facer o que ela queira e bérralle cando non lle fai caso, como cando ela lle di que quere traballar. Ao final ela rebélase, pero iso trae consecuencias negativas xa que Delio a golpea e ela acaba en cadeira de rodas, ata que un tempo despois Rosa (cando xa pode andar outra vez) marcha de casa, provocando que Delio se volva tolo. En resume, o libro é interesante e ten un final que non esperas. Por un lado, o final é triste porque Delio termina matando a unha persoa, pero por outro Rosa consegue liberarse do seu marido.
    24/02/11

    ResponderEliminar